Nelson Santos Argibay, nado no Porriño en 1956, é un político galego.
Traxectoria Director dunha entidade bancaria no Porriño. En 2003 o número 2 da candidatura de Independentes de Porriño, encabezada por Gonzalo Ordóñez Puime, e foi elixido concelleiro. Dito grupo apoiou a elección do candidato do BNG Raúl Francés como alcalde da localidade, mais mantívose na oposición. En outubro de 2005 abandonou xunto con outro compañeiro o grupo municipal de IdeP. En 2007 encabezou a candidatura de Ciudadanos Por Porriño (CxP) que conseguiu 3 concelleiros, sendo a terceira forza política tralo BNG e o PPdeG. A súa negativa a apoiar ós populares na investidura facilitou que os nacionalistas revalidasen a alcaldía como lista máis votada. En febreiro de 2010 foi elixido alcalde despois da moción de censura que presentou o seu grupo xunto con Independientes do Porriño e o PPdeG, e que supuxo a integración da súa formación e de IdeP nas filas populares. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG, obtivo a maioría absoluta e foi reelixido alcalde. En marzo de 2013 foi imputado por unha presunta contratación irregularNelson Santos declarará como imputado el 5 de abril por las contrataciones en O Porriño. En 2015 perdeu a maioría absoluta e cedeulle a alcaldía á socialista Eva García de la Torre, a cal logrou o apoio dos demais grupos da corporación. Tralo anuncio de apertura de xuízo oral en maio de 2017 presentou a súa renuncia como concelleiro. En xuño 2018 resultou finalmente absolto.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais no Porriño
Ligazóns externas Ciudadanos por Porriño
Categoría:Alcaldes do Porriño Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados no Porriño Categoría:Nados en 1956 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes