Salvador González Solla, nado en Ponteareas o 1 de xullo de 1961, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria É enxeñeiro agrónomo. Foi xerente da Fundación para o Desenvolvemento Comarcal da Paradanta. Foi candidato do PPdeG ao concello de Ponteareas nas municipais de 1999 e 2003. Foi deputado do PPdeG no Parlamento de Galicia (2003-2004). Logo dunha moción de censura, o 13 de maio de 2004 foi elixido alcalde de Ponteareas co apoio de UCPA. Volveu ser elixido alcalde en 2007 (goberno de coalición do PPdeG e UCPA). En setembro de 2009 tomou posesión como deputado provincial permanecendo como tal ata 2011. En 2011 volveu ser elixido alcalde como candidato da lista máis votadaSolla agradece al PSOE en su reelección que rechazara los "pactos antinaturales". En 2015 perdeu a alcaldía logo de que os grupos de esquerda sumasen maioría e elixisen ao nacionalista Xosé Represas Giráldez como novo rexedor, tralo cal pasou a traballar na Oficina de Emprego de Ponteareas como funcionario público.A Xunta creou postos en oficinas de emprego para cargos do PP e mantívoos baleiros dous anos La Xunta de Galicia facilita que cargos del Partido Popular conserven una plaza laboral pública Nas Eleccións Xerais de abril de 2019 en España presentouse ao Senado pola provincia de Pontevedra, se ben non resultou elixido. Non repetiu candidatura nas Eleccións de novembro dese mesmo ano.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Eleccións municipais en Ponteareas
Ligazóns externas Entrevista
Categoría:Alcaldes de Ponteareas Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Nados en 1961 Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia