Mario Cabanas Fidalgo, nado o 9 de maio de 1985 na Coruña, é un ex xogador profesional de baloncesto galego de 2,07 metros de altura.
Traxectoria Nado na Coruña, Cabanas formouse nas categorías inferiores do Club Baloncesto Calasanz, pasando a formar parte na tempada 2003−04 do DKV Casablanca Zaragoza da Liga EBA. Tras unha tempada no equipo aragonés, o pivote galego pasou a formar parte do equipo de EBA do CB Granada, para pasar na tempada seguinte ao equipo júnior do club granadino.
Na tempada 2006−07 asinou co Ciudad de La Laguna Canarias, club co cal conseguiu o ascenso á Liga LEB Ouro ese mesmo ano, permanecendo alí aínda outra temporada máis. Posteriormente defendeu durante un ano a camiseta do CB L'Hospitalet, asinando posteriormente polo Cajasol Sevilla de ACB. No equipo andaluz xogou dúas temporadas, cun total de corenta partidos, onde fixo unha media de 1,3 puntos e 0,43 rebotes por partido. Ano ano seguinte asinou co Obradoiro, onde xogou catorce partidos para unha media de 1,4 puntos e 1 rebote por encontro.
Posteriormente converteuse nun habitual da Liga LEB, onde xogou en Planasa Navarra, Básquet Coruña, Palma Air Europa, Oviedo, Marín Peixegalego, San Pablo Inmobiliaria Burgos, Cafés Candelas Breogán e CB Culleredo.
Retirouse en 2022 e arestora adestra aos equipos infantil, alevín e «baby» no Colexio Plurilingüe Compañía de María da Coruña.
Clubs DKV Casablanca Zaragoza (EBA, 2003−2004) CB Granada (EBA, 2004−2006) CB Canarias (LEB, 2006−2008) CB L'Hospitalet (LEB, 2008−2009) CB Sevilla (ACB / Eurocup, 2009−2011) Obradoiro (ACB, 2011−2012) Planasa Navarra (LEB, 2012−2013) Básquet Coruña (LEB, 2013−2014) Palma Air Europa (LEB, 2014−2015) Oviedo (LEB, 2015−2016) Marín Peixegalego (LEB, 2016−2017) San Pablo I. Burgos (LEB, 2017) CB Breogán (LEB, 2017) CB Culleredo (LEB, 2017−2022)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com Perfil en FEB.es
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1985 Categoría:Xogadores de baloncesto de Galicia Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do CB Canarias Categoría:Xogadores do CB L'Hospitalet Categoría:Xogadores do CB Sevilla Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB Categoría:Xogadores do Basket Navarra Club Categoría:Xogadores do Club Básquet Coruña Categoría:Xogadores do Oviedo CB Categoría:Xogadores do CB Peixefresco Categoría:Xogadores do CB Miraflores Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Pivotes de baloncesto