A historia de Pontedeume ten a súa orixe nos primeiros poboados no concello na antigüidade, e abrangue as diferentes épocas históricas, das cales hai vestixios e feitos dignos de mención.
Prehistoria Da época prehistórica existen xacementos tumularios e indicios dun petróglifo.
Da época tumularia ou megalítica están catalogados tres túmulos na parroquia de Andrade, nas marxes do antigo camiño real; e catro na parroquia de Ombre, situados en dous grupos de dous túmulos cada un, nos lugares da Pena Grande e o Campo da CarreiraAnuario brigantino 2005: Túmulos prehistóricos no concello de Pontedeume, Grupo de Arqueoloxía Terra de Trasancos (ver detalles). Nestas dúas parroquias e nas do resto do concello existen tamén varias referencias toponímicas e orais.
Ata hai ben pouco só se coñecía a existencia de petróglifos no sur de Galicia, porén nos últimos vinte anos descubríronse xacementos nos concellos veciños de Vilarmaior, Monfero e A Capela Artigo no nº 9 (2002) da revista Cátedra: Os petroglifos das comarcas do Eume e Betanzos. Estudio comparativo de José F. Correa. Recentemente, o Grupo de Arqueoloxía Terra de Trasancos descubriu no concello de Cabanas un grupo de petróglifos que duplican a cantidade de combinacións circulares que existían ata a data nesta zona Anuario brigantino 2006: Gravados rupestres no Couto dos Golpes (Santa Cruz do Salto, concello de Cabanas), Grupo de Arqueoloxía Terra de Trasancos. No concello de Pontedeume hai indicios da súa existencia na chamada Pena do Gato, no Coto do Gato, da parroquia de Ombre, ao bordo do canón do Eume. Trátase dunha gran laxe e outras que a soportan que lembran, remotamente, a un dolmen. A tradición oral alude a debuxos nos penedos do arredor Artigo no nº 6 (1999) da revista Cátedra: Insculturas pétreas no Baixo Eume . Juan J. Sobrino e José F. Correa.
Idade Antiga O máis significativo da Idade Antiga son os vestixios da cultura castrexa e da colonización romanaArtigo no nº 4 (1997) da revista Cátedra: A ordenación do territorio presente a través da afirmación do espacio pasado. O Patrimonio Arqueolóxico en Pontedeume de A. González Fernández e S. Ricart Guillot. miniatura|dereita|250px|Castro de Castrelo en Centroña posible localización do asentamento ártabro de Ardóbriga A cultura castrexa Os historiadores romanos deixaron constancia dos poboadores destas terras á súa chegada. Falan do Portus Magnus Artabrorum que abranguía cando menos as rías de Ferrol, Ares, Betanzos e A Coruña. Nel moraba o pobo dos Ártabros do que nomean catro asentamentos: Brigantia, Libunca, Lámbrica e Ardóbrica. Os dous primeiros identifícanse case con total seguridade con castros existentes na actual situación de Betanzos e Neda (monte Ancos). Sobre a situación dos dous últimos non hai certeza, barallándose distintas hipóteses. Mesmo hai quen afirma que Ardóbrica estaba en terra eumesa, concretamente na aba do monte Breamo, identificándoa co castro de CentroñaIsidoro Millán. Toponimia del concejo de Pontedeume y cartas reales de su puebla y alfoz. Diputación da Coruña. ISBN 84-86040-27-2.
Están catalogados un total de seis castros no concello: Dous na parroquia de Ombre (Chao e A Orela), un en Andrade no lugar dos Castros, un en Nogueirosa no lugar do Castro, un en Centroña no lugar de Castrelo e finalmente outro litoral no lugar de Insua da parroquia de Boebre (ver detalles).
A romanización O pretor Décimo Xunio Bruto, alcumado posteriormente O Galaico, estivo en terra eumesa a finais do século II antes de Cristo, asediando e conquistando Lámbrica e Libunca. A partir dese momento comeza o proceso de romanización cuxa pegada marcou profundamente a historia destas terras.
Da cultura romana consérvase os restos de dúas vilas romanas á beira do mar en Centroña e Sopazos (ver detalles).
Por terras eumesas pasaba unha vía romana secundaria nomeada por Eugenio Carré AldaoEl Ideal Gallego, 18 de marzo de 1921 que, partindo de Flavium Brigantium (Betanzos) pasaba por Lámbrica, atravesaba o Eume, senón por Pontedeume, si polos seus arredores, e marchaba a Libunca, no seo da ría de Ferrol, onde empataba coa que, desde Asturias, chegaba polo norte da actual provincia de Lugo.
Un achado illado desta época é a cabeza cuadriforme, atopada en 1924 nas obras de ampliación da estrada de Pontedeume a Ombre, que se encontra no Museo Arqueolóxico da Coruña.
Idade Media A Idade Media divídese en Alta (séculos V-XI) e Baixa (séculos XI-XV). Alta Idade Media O estudo da Alta Idade Media en Pontedeume presenta moitos atrancos debido á escaseza de documentos. Feitos salientables deste período son a implantación do cristianismo e a chegada dos suevos, así como as incursións de musulmáns e normandos. Difusión do cristianismo e invasións xermánicas Cando, desde o século X, comezan a datarse os documentos que forman o Tombo de Caaveiro, vese neles o profundo arraigo que xa tiña o cristianismo nesas datas na comarca, así como a enorme influencia romana na organización do territorio Artigo de Carlos de Castro Prehistoria, edades antigua y media en la comarca eumesa: Bibliografía y estado de la cuestión no nº 14 (2007) da revista Cátedra. Na documentación aparece a vila como unha reminiscencia da villa romana, cuns límites e partes perfectamente definidas que, nos documentos, divídese, véndese ou dóase aos mosteiros. A evolución da vila conduce á ecclesia ou freguesía, unidade básica de organización. A unión de varias freguesías constitúe un territorio ou arciprestado.
Con anterioridade ao ano 572 no norte de Galicia non existen comunidades cristiáns organizadas á marxe da dos britóns. Son os suevos os que, coa súa pretensión de organizar a igrexa galega na segunda metade do século VI, nos proporcionan as mencións máis antigas dos territorios radicados na comarca eumesa de Pruzos (ao sur do Eume) e Bezoucos (ao norte do río). Entre os anos 572 e 583 as igrexas dos territorios mencionados adscríbense á diocese de Iria. Os nomes de Pruzos e Bezoucos son anteriores á dominación romana e designan probabelmente a dous populi, isto é, dúas denominacións xentilicias que pasan a denominar a dous arciprestados.
É incuestionábel a presenza bretoa na comarca do Eume como factor de cristianización. Isto testemúñao non só o Parroquial suevo, senón tamén o Tombo de Caaveiro: no 914 a vila de Calavario estaba en territorio de Bretoña.
Incursións musulmás e normandas Non se pode negar a chegada dos musulmáns a terra eumesa aínda que permanecesen por pouco tempo. Os historiadores dos primeiros séculos da reconquista falan dunha batalla gañada aos musulmáns polo rei Froila I en Pontumio. Non hai certeza da súa localización; aínda que algúns autores sitúano en Pontedeume, outros como Antonio López Ferreiro, nas beiras do río Umia e mesmo algúns en Portugal. En apoio da tese eumesa está o feito de que algúns dos historiadores nomeados din que nesta batalla foi preso o fillo de Abderramán I, Haummar (Omar) e levado a Betanzos onde morrera. O feito é que no ano 1761 descubriuse na igrexa betanceira de Santa María do Azougue unha lápida funeraria con fantásticas inscricións árabes.
No ano 820 durante o reinado de Afonso II O Casto, o caudillo Abd-el-Kerím, chamado nas crónicas cristiáns Alaber, fixo unha incursión seguindo a costa e sempre cara ao norte, atravesou a terra eumesa e foi derrotado polas tropas de Afonso II, segundo todas as posibilidades, en terras de Narón. Algúns autores supoñen que asistira o propio rei ao combate. Outro exército mandado por Abdalá-ben-Maleki ou Melich seguía ao anterior mais non chegou a pisar terra eumesa por ser derrotado polas mesmas tropas cristiáns á beira do río Mero e, na súa fuxida, preto de Melide. Algúns relacionan o nome desta vila co do caudillo musulmán.
A mediados do século VIII aparecen os normandos nas costas galegas. Hai constancia de incursións en terras mariñáns. Despois das primeiras acometidas, os habitantes da costa retiráronse atemorizados cara ao interior, como fixeran os da Coruña que se acolleran ao Burgo. É de supoñer que Pontedeume, agochado no fondo da ría, vise daquela, por esta causa, acrecentada a súa poboación dun xeito considerábel. Existe unha crenza popular na comarca de que a relativamente grande proporción de xente de cabeleira rubia e ollos carros, proveña daquelas incursións.
Baixa Idade Media Pontedeume achábase en terras do Condado de Trastámara que abranguía as terras comprendidas entre o Tambre e o Sor. Á fronte deste condado estaban os Condes de Traba pertencentes á familia Fróilaz-Pérez. O máis salientable foi Pedro Fróilaz. Un dos seus fillos, Bermudo Pérez de Traba, fundou o mosteiro de Nogueirosa en 1148. Nun nivel inferior estaban os arciprestados de Pruzos e Bezoucos e a nobreza de segunda fila como as familias Atániz, Sillobre e Andrade.
Canto ao exercicio do poder, este estaba fragmentado en tres tipos de señoríos xurisdicionais: Eclesiástico: Detentado polos mosteiros e cabidos diocesanos que na comarca do Eume eran fundamentalmente os mosteiros de Caaveiro e Monfero, pero tamén a un nivel inferior os de Breamo e Nogueirosa. Nos seus coutos, os abades e priores nomeaban cargos, cobraban impostos e administraban xustiza. Laico: Terras pertencentes á nobreza, ben aos Condes de Traba ou ben á nobreza local. Mantiñan un acoso constante aos señoríos monásticos co obxecto de gañar terras. Señorío Real: Baixo a administración directa do rei, pero con moitos atrancos debido ao fragmentado dos señoríos e a voracidade da nobreza. Era habitual que un grupo de veciños dun certo lugar solicitase amparo ao rei contra os excesos dos nobres, este acostumaba a amparalos concedéndolles uns foros para se gobernaren e unha administración propia. Deste xeito xorden no século XIII os alfoces de Ferrol (coa freguesía de Mugardos), Vilalba, Pontedeume e As Pontes. miniatura|dereita|200px|Selo de Afonso X, rei que outorgou a Pontedeume a súa Carta-Póboa
Fundación da Póboa Concretamente, Pontedeume obtén de Afonso X o Sabio a súa Carta-Póboa o 30 de decembro de 1270 que instaba aos veciños de Pruzos e Bezoucos a que funden unha vila no lugar da Ponte Deume. Esta fúndase cun amplo alfoz en ambos os dous arciprestados moi fragmentado por mor das posesións eclesiásticas e nobiliarias.
No debeu ser fácil a convivencia da vila cos nobres, en continuo acoso ao poder civil desamparado ante a distancia coa tutela real. Para se protexeren, non tardan moito en construír unha muralla con varias torres de vixilancia. Pouco máis dun século durou a independencia dos nobres pois o 19 de decembro de 1371, o rei Henrique de Trastámara concede a Fernán Pérez de Andrade, O Boo os señoríos de Pontedeume e Ferrol e dous anos máis tarde, o 3 de agosto de 1373, o de Vilalba. Simultaneamente concedéralle a García Rodríguez o señorío das Pontes. Deste xeito desapareceron os señoríos reais que había na comarca
Os Señores de Pontedeume
miniatura|esquerda|250px|Ermida das Virtudes construída ao final do século XIV ou nos comezos do XV. Fernán Pérez de Andrade, O Boo inicia a liñaxe da Casa de Andrade que gobernará Pontedeume ata o final da Idade Media. Houbo un total de oito señores de Pontedeume ata a fusión no século XVI da Casa de Andrade coa Casa de Lemos. Durante estes 200 anos os Señores tiveron que facer fronte a dous levantamentos protagonizados por Roi Xordo durante o mandato de Nuno Freire de Andrade, o Mao; e Afonso de Lanzós en tempos de Fernán Pérez de Andrade, O Mozo, dentro das revoltas irmandiñas. Entrambos feitos é salientábel a protesta de Pedro Padrón, veciño de Ferrol, perante o rei polos abusos e arbitrariedades que dita vila sufría de Pedro Fernández de Andrade II.