César Longo Queijo, nado na Coruña en 1952, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Foi candidato á alcaldía de Paderne polo PSdeG-PSOE nas eleccións municipais de 1983, sendo a segunda forza máis votada con 3 concelleiros. Nas municipais de 1987 e 1991 conseguiu mellorar os seus resultados con 4 e 5 concelleiros, respectivamente, sendo nesta última ocasión a forza máis votada ó bordo da maioría absoluta, pero un pacto entre o PPdeG e os Independentes por Paderne privouno da alcaldía. Nas municipais de 1995 baixou a 4 edís, por detrás do PPdeG, e apoiou ao independente José Abrodos López como alcalde. Porén, en xullo de 1996 apoiou unha moción de censura que lle devolveu a alcaldía ó popular José Luís Pico Espiñeira.
Nas eleccións municipais de 1999 encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE, logrou de novo 4 concelleiros e foi elixido alcalde grazas a un pacto co BNG e Independentes de Paderne. Nas municipais de 2003 foi reelixido de novo alcalde con maioría absoluta, así como en 2007, 2011 e 2015. Foi deputado provincial de 2011 a 2015.César Longo será el diputado socialista de la comarca betanceira Nas eleccións municipais de 2019 perdeu a maioría absoluta e acadou de novo a alcaldía como cabeza da lista máis votada.Concello de Paderne na FEGAMP Nas municipais de 2023 non se presentou á reelección e foi substituído á fronte da alcaldía polo seu compañeiro Sergio Platas Casal.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais en Paderne Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Paderne Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais da Coruña
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1951
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes