José Ramón López Regos, nado o 23 de maio de 1983 en Ordes, é un xogador de hóckey a patíns galego.
Traxectoria José Ramón comezou a xogar ao hóckey a patíns aos 5 anos de idade no extinto Club Patín Ordes. Aos 17 anos o HC Liceo fixouse nel, levándoo para A Coruña, onde chegou a debutar co primeiro equipo. Dúas tempadas despois, asinou polo CP Alcobendas, club ao cal estivo vencellado catro anos (dous na OK Liga e dous en Primeira). Logo desta etapa en Madrid, o dianteiro ordense marchou un ano ao PAS Alcoi da OK Liga, volvendo despois ao Liceo "B" (daquela denominado Cerceda Liceo), conseguindo o ascenso á OK Liga co filial liceísta. Coa fundación do Club Patín Cerceda como club independente do Liceo para poder xogar na OK Liga, José Ramón pasou a formar parte do novo club.
No 2018 ingresou no A.C. Ordes, equipo no que xoga e adestra.
José Ramón ten sido internacional coa selección española en categorías inferiores, proclamándose dúas veces Campión de Europa coa selección española Júnior, en Francia (2001) e en Italia (2002).
Palmarés Selección española 2 Campionatos de Europa júnior: 2001 e 2002 A.C. Ordes '''1 Copa Federación senior: 2019
Véxase tamén
Ligazóns externas José Ramón López Regos en hoqueipatins.cat
Categoría:Xogadores de hóckey a patíns de Galicia Categoría:Xogadores do CP Cerceda Categoría:Nados en Ordes Categoría:Nados en 1983 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes