A tempada 2008-09 da Liga ACB foi a 26ª edición da máxima competición ligueira entre clubs de baloncesto que se xoga en España. Na final o Regal FC Barcelona derrotou ó Tau Cerámica, acadando o seu 15º campionato.
Composta por 17 conxuntos, a liga tivo unha tempada regular con 32 xornadas, e máis adiante tivo as eliminatorias polo título, á que tiveron acceso os 8 primeiros equipos na táboa. Pola contra, os dous últimos da táboa descenderon.
Tempada regular Así ficou a táboa clasificatoria ó remate da tempada regular:
PosEquipoXogGPP+P-1TAU Cerámica 32 28 4 2865 24642Regal FC Barcelona 32 26 6 2601 22783Unicaja Málaga 32 24 8 2668 23254Real Madrid CF 32 23 9 2690 25285DKV Joventut Badalona 32 22 10 2647 25256Kalise Gran Canaria 32 20 12 2566 24877Pamesa Valencia 32 16 16 2452 24168Iurbentia Bilbao Basket 32 15 17 2451 24929Alta Gestión Fuenlabrada 32 15 17 2669 263910Ricoh Manresa 32 14 18 2382 250311CB Granada 32 12 20 2369 251612Bruesa GBC 32 11 21 2448 258913MMT Estudiantes 32 11 21 2473 258614Cajasol Sevilla 32 10 22 2429 264115CB Murcia 32 9 23 2347 263616ViveMenorca 32 8 24 2281 248117CAI Zaragoza 32 8 24 2383 2615
Lenda Clasificados para Euroliga 2009-10 Clasificados para a Copa ULEB Descendidos á Liga LEB
Xog = Encontros xogados; G = Encontros gañados; P = Encontros perdidos; P+ = Puntos a prol; P- = Puntos en contra; Dif = Diferenza de puntos
Rolda final Unha vez rematada a tempada regular, os oito primeiros conxuntos da táboa comezaron a disputa polo campionato. Nos cuartos de final e semifinais xogouse ó mellor de 3 encontros. Na final xogouse ó mellor de 5 encontros. É dicir, tralos 32 encontros da tempada regular, o campión aínda tivo que gañar 7 encontros para acada-lo campionato de liga. Así foron os enfrontamentos nas eliminatorias:
O campión da edición 2008-2009 da Liga ACB foi o Regal FC Barcelona.
Véxase tamén Outros artigos
Ligazóns externas Páxina oficial da liga ACB
Categoría:Tempadas da ACB Categoría:Baloncesto en 2009