O PBC Lukoil Academic (en búlgaro: ПБК „Лукойл Академик“) é un club profesional de baloncesto da cidade de Sofía, capital de Bulgaria, que xoga na Natsionalna basketbolna liga, a máxima categoría do baloncesto do país. É o club máis laureado do baloncesto búlgaro, chegando incluso a xogar dúas veces a final da Copa de Europa (actual Euroliga) a finais dos anos 1950.
Historia Fundada en 1947 como parte dos clubs Academic Sofia, é o equipo máis laureado de Bulgaria. Entre os seus premios internacionais destacan as dúas finais disputadas en 1958 e 1959 da da Copa de Europa (actual Euroliga), ambas perdidas contra o ASK Riga, e a Copa Internacional de Estudantes en 1957.
No ano 2000, o equipo trocou o seu nome polo de Lukoil Academic, como acordo de patrocinio asinado coa compañía petroleira rusa Lukoil, estabelecéndose rapidamente como o equipo dominante do campionato búlgaro. Dende entón é un participante habitual na Copa ULEB.
Nomes Academic Sofia (1947−2000) Lukoil Academic (2000−presente)
Palmarés Liga de Bulgaria Campión (24): 1957, 1958, 1959, 1963, 1968, 1969, 1970, 1971, 1972, 1973, 1975, 1976, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013, 2015. Copa de Bulgaria Campión (11): 1952, 1954, 2002, 2003, 2004, 2006, 2007, 2008, 2011, 2012, 2013
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial (en búlgaro)
Categoría:Equipos de baloncesto de Bulgaria