A Illa Grossa (en castelán: Columbrete Grande) é a maior das Illas Columbretes, pertencentes ao municipio de Castelló de la Plana, en España, cunha superficie de 14 hectáreas. Dista uns 60 km da Costa do Azahar.
A illa está asociada a un proceso de rifting activo desde o Mioceno inferior, predominando os materiais basálticos. Está formada por varios cráteres encadeados; a forma resultante é unha sorte de media elipse de 1 km de diámetro de media que ten dúas elevacións principais ou outeiros unidos polos restos dun cráter. O círculo está parcialmente pechado por outros illotes como Mancolibre, La Senyoreta, el Mascarat e Trenca Timons. A enseada que queda no medio chámase Porto Tofiño. O monte máis alto, situado ao norte do illote, recibe o nome de monte Colibrí. Forma parte xunto con todo o arquipélago dun parque natural autonómico. miniatura|left|Faro das Columbretes, o punto máis alto do arquipélago. No século XIX prendeuse lume ao illote para acabar coas serpes e instalouse un faro a 67 metros de altitude, o punto máis alto do arquipélago, habitado por fareros ata 1975, data en que se automatiza. A partir de entón está deshabitada a excepción do persoal do servizo de vixilancia que establece a Generalitat Valenciana. As serpes eran propias das illas, xa que os seus nomes orixinais (Ophiusa ou Columbraría), déronllo os navegantes gregos e romanos por mor da abundancia dos réptiles. Durante algún tempo refuxiáronse na illa piratas e contrabandistas.
Varias empresas organizan visitas en barco á illa e inmersións de submarinismo.
Fauna A illa é famosa por albegar unha numerosa poboación do lagarto de Columbretes (Podarcis atrata), o único vertebrado endémico da Comunidade Valenciana. Só nesta illa vivían ao acabar o ano 2006 uns 25.000 exemplares;Desenvolvemento intelixente (última consulta a 10 de abril de 2009) aínda que actualmente discútese se esta especie é endémica de Columbretes, ao haberse achado exemplares de xenética moi parecida no norte e nordés da Península Ibérica.www.nerium.net (última consulta a 10 de abril de 2009)
Tamén garda exemplares de especies en perigo de extinción, como o falcón de Eleonor e a gaivota corsa.www.escapadarural.com - Illas Columbretes (Última consulta: 12 de outubro de 2010).
Notas
Categoría:Illas Columbretes