O Gran Premio de Abu Zabi (en árabe: أبوظبي سباق الجائزة الكبرى) é unha carreira de Fórmula 1. Anúnciouse a principios de 2007 no Festival de F1 de Abu Zabi nos Emiratos Árabes. A primeira carreira disputouse o 1 de novembro de 2009, no Circuíto de Yas Marina deseñado por Hermann Tilke.
O 25 de xuño de 2008, a FIA presentou o calendario provisional de Fórmula 1 de , que incluía o Gran Premio de Abu Zabi como a 19ª carreira e última da tempada o 15 de novembro. O 5 de novembro de 2008, anunciouse que a carreira sería disputada o 1 de novembro, dúas semanas antes da data inicialmente prevista, como 17ª carreira e última da tempada.
A carreira foi a primeira carreira nocturna da Fórmula 1, comezando ás 17:00 hora local. Os reflectores que serven para iluminar o circuíto son encendidos desde o inicio do evento para garantir que hai unha transición suave da luz do día a escuridade da noite.
Historia Orixe
A Fórmula 1 chegou por primeira vez a Abu Dabi en 2007 baixo o disfrace de Festival de Fórmula 1. Anunciado en xaneiro de 2007, o evento que tivo lugar o 3 de febreiro de 2007 foi libre, e o maior encontro de coches e pilotos da actual Fórmula 1 fóra dun Gran Premio. No festival, anunciouse que Abu Dabi acollería un Gran Premio a partir de ata . Máis tarde, aquel ano, Etihad Airways negociou un acordo por tres anos para ser os patrocinadores do Gran Premio.
Gran Premio Inaugural
Na tempada , o Gran Premio de Abu Zabi foi engadido ao calendario. Provisionalmente anunciouse como disputado o 15 de novembro de 2009, como 19 e último Gran Premio da tempada. Tanto o Gran Premio do Canadá como o Gran Premio de Francia foron posteriormente eliminados do calendario provisional, e como resultado, o Gran premio de Abu Zabi foi trasladado para o 1 de novembro de 2009. Converténdose na última das 17 carreiras. En agosto de 2009, anunciouse que o horario de inicio serían as 17:00 hora local (13:00 UTC), e que a carreira sería con iluminación. A carreira inaugural foi gañada por Sebastian Vettel para Red Bull Racing
Gran Premio de 2010
Na tempada , o Gran Premio de Abu Zabi foi disputado no Circuíto de Yas Marina, na fin de semana do 12, 13, 14 de novembro de 2010. Na primeira carreira en Abu Dabi en 2009, xa estaba decidido o campionato. Esta vez, decidiuse por primeira vez o Campionato de Pilotos en Abu Dabi. O líder do campionato Fernando Alonso perdeu con Sebastian Vettel que conseguiu a súa segunda vitoria nesta pista, o novo piloto alemán, acadou o campionato mundial.
Circuíto
O Circuíto Yas Marina está situado na Illa Yas, unha illa de 25´50 km² na costa leste de Abu Dabi, e o Gran Premio de Abu Zabi de 2009 foi o primeiro grande evento que tivo lugar no circuíto.
Patrocinadores Etihad Airways é o patrocinador principal actual do Gran Premio de Abu Zabi.
Gañadores do Gran Premio de Abu Zabi
Gañadores múltiples (pilotos)
Os pilotos en letra grosa aínda compiten no campionato de Fórmula Un
Gañados Piloto Anos5 Lewis Hamilton 2011, 2014, 2016, 2018, 20194 Max Verstappen 2020, 2021, 2022, 2023 3 Sebastian Vettel 2009, 2010, 2013
Gañadores múltiples (construtores)
Os construtores en letra grosa aínda compiten no campionato de Fórmula Un
Gañados Construtor Ano 7 Red Bull 2009, 2010, 2013, 2020, 2021, 2022, 2023 6 Mercedes 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019
Por ano
AnoPilotoConstrutorCircuítoResultados Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT Yas Marina Resultados Lando Norris McLaren-Mercedes Resultados Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT Resultados Max Verstappen Red Bull - RBPT Resultados Max Verstappen Red Bull - Honda Resultados Max Verstappen Red Bull - Honda Resultados Lewis Hamilton Mercedes Resultados Lewis Hamilton Mercedes Resultados Valtteri Bottas Mercedes Resultados Lewis Hamilton Mercedes Resultados Nico Rosberg Mercedes Resultados Lewis Hamilton Mercedes Resultados Sebastian VettelRed Bull-RenaultResultados Kimi RäikkönenLotus-RenaultResultados Lewis HamiltonMcLaren-MercedesResultados Sebastian VettelRed Bull-RenaultResultados Sebastian VettelRed Bull-RenaultResultados
Véxase tamén
Ligazóns externas https://web.archive.org/web/20070304102303/http://www.ameinfo.com/109577.html http://www.huliq.com/9352/abu-dhabi-to-host-formula-1-grand-prix-in-2009 http://www.formula1.com/news/5604.html https://web.archive.org/web/20111001010727/http://www.abudhabigp.com/english/ http://news.bbc.co.uk/sport1/hi/motorsport/formula_one/7473748.stm
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 Categoría:Gran Premio de Abu Zabi de Fórmula 1