O Chorale Roanne Basket é un club profesional de baloncesto francés con sede na cidade de Le Mans, na rexión de Ródano-Alpes. Actualmente xoga na Ligue Nationale de Basket Pro A (LNB Pro A), a máxima categoría do baloncesto galo. No ano 1959 o club gañou o seu primeiro campionato de liga, repetindo título en 2007. O seu pavillón como local é o Halle André-Vacheresse, recinto con capacidade para 5 020 espectadores.

Historia Fundado en 1937, o Chorale Roanne posúe nas súas vitrinas dous títulos nacionais, o primeiro en 1959 e o máis recente en 2007. O palmarés do equipo tamén inclúe unha La Semaine des As Cup (2007) e múltiples participación en competicións europeas. Na temporada 2007−08, o club mesmo xogou na Euroliga. O club perdeu o seu posto na máxima categoría pouco despois de gañar o seu segundo título, na tempada 2013−14. Despois de cinco temporadas na LNB Pro B, o club regresou na temporada 2018−19 á máxima categoría.

Ano a ano AnoNivelLigaCopaLeaders CupCompeticións europeas2006–071 Pro A1º Rolda de 16Campión2007–081 Pro A2º Rolda de 32 Cuartos de final 1 Euroliga 2008–091 Pro A5º Semifinais Semifinais 2 Eurocup 2009–101 Pro A3º Rolda de 32 Semifinais 3 EuroChallenge 3rd2010–111Pro A6ºRolda de 32Cuartos de final 1 Euroliga 2 Eurocup 2011–121 Pro A8º Cuartos de final Cuartos de final 3 EuroChallenge 2012–131 Pro A6º Rolda de 16 Cuartos de final2013–141 Pro A15º Cuartos de final 2014–152 Pro B 8º Rolda de 32 2015–162 Pro B 16º Rolda de 32 2016–172 Pro B 15º Oitavos de final 2017–182 Pro B 2º Rolda de 16 2018–192 Pro B 1º Rolda de 32 2019–201 Pro A 16º Rolda de 16 2020–211 Pro A 16º Oitavos de final 2021–221 Pro A 13º Rolda de 16

Xogadores Destacados

Pape Badiane Franck Bouteille Laurent Cazalon Scott Forbes Alain Gilles Mike Gonsalves Christophe Grégoire Marc M'Bahia Maurice Marcelot Marc-Antoine Pellin Christian Petit André Vacheresse Luc-Arthur Vebobe Henri Villecourt Alain Vincent Guerschon Yabusele Ben Mbala Jimmall Ball Mike Bauer Joey Beard Ricky Davis Fennis Dembo Lindsey Hairston Aaron Harper Cedric Henderson Charles Jackson Torrell Martin Marc Salyers Dick Smith Ronnie Smith Dewarick Spencer Terry Stotts Oliver Taylor David Thirdkill Antti Kanervo Negueba Samake Makhtar N'Diaye Dušan Kecman Kenny Grant

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Equipos de baloncesto de Francia