O Basketball Club Budivelnyk (en ucraíno: Баскетбольний клуб Будівельник, romanizado: Basketbol'nij klub Budivelnyk) é un equipo de baloncesto profesional da cidade de Kíiv, capital de Ucraína. Actualmente milita na Ukrajina Super-Liha, a máxima categoría do baloncesto ucraíno.
Historia Fundado coa súa estrutura actual en 1962, o Budivelnyk foi un dos principais clubs da Liga Soviética de baloncesto. Formouse a partir doutro equipo da cidade de Kíiv, o SKIF, que fora fundado orixinalmente en 1945 como o equipo da Sociedade Deportiva Sindical Republicana Avanhard baixo o patrocinio da empresa construtora local Kyivmiskbud-4. Desde a época soviética o club xoga os seus partidos como local no Kyivskyi Palats Sportu, pavillón con capacidade para 7.000 espectadores. O equipo gañou o Liga Soviética en 1989, e a Liga Ucraína nove veces. O nome do equipo significa "construtor" en ucraíno, sendo ás veces alcumado "Konstruktor" (construtor) e "Stroitel" (do ruso: "construtor").
Palmarés Liga da Unión Soviética Campións (1): 1989 Subcampións (6): 1965, 1966, 1977, 1979, 1981, 1982 Terceiro posto (7): 1962, 1964, 1970, 1974, 1983, 1984, 1990
Copa da Unión Soviética Subcampións (2): 1969, 1972
Liga de Ucraína Campións (9): 1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 2011, 2013, 2014 Subcampións (2): 1998, 2010 Terceiro posto (1): 1999
Copa de Ucraína Campións (3): 2012, 2014, 2015
Destacados Xogadores notábeis Para aparecer nesta sección un xogador debe ter: Xogado polo menos unha temporada no club. Estabelecido un récord do club ou ter gañado un título invidiual sendo xogador do mesmo. Xogado polo menos un partido internacional oficial coa súa selección algunha vez. Ter tido unha exitosa estancia no club ou en etapas anteriores ou posteriores da súa carreira. Vladimir Tkachenko Alexander Belostenny Oleksandr Volkov Anatoli Polivoda Sergei Kovalenko Vitaly Potapenko Maceo Baston Malcolm Delaney Khalid El-Amin Leo Lyons Jack McClinton Derrick Zimmerman Luis Flores Andrew Betts Tomas Delininkaitis Dainius Šalenga Darjuš Lavrinovič Suad Šehović
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial (en ucraíno)
Categoría:Equipos de baloncesto de Ucraína Categoría:Equipos de baloncesto da Unión Soviética