Kathryn Stockett, nada en Jackson (Mississippi) en 1969, é unha escritora norteamericana.
Traxectoria Kathryn é filla de Robert Stockett e Ruth Elliott Stockett, e ten outros catro irmáns. Até 2001, viviu en Nova York, onde traballou no mercado editorial, porén reside actualmente en Atlanta.
O seu primeiro libro, The Help, a cerca de empregadas domésticas afroamericanas que traballan en lares brancos, na década de 1960, converteuse en best-séller poucos meses despois de ser lanzado. A adaptación cinematográfica do libro estreouse no 2011, sendo o seu guión escrito por Tate Taylor, un amigo de infancia de Kathryn. A novela foi escrita como homenaxe a Demetrie, a empregada negra que foi a súa coidadora nunha infancia fracturada polas separacións e ausencias dos pais.
Notas
Véxase tamén Ligazón externa Páxina oficial da escritora
Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Mississippi