A Administración Espacial Nacional Chinesa (CNSA polas súa siglas en inglés; en chinés: 国家航天局; en pinyin: Guójiā Hángtiān Jú) é a axencia espacial nacional da China, responsábel do programa espacial nacional. A China lanzou o seu primériro satélite o 24 de abril de 1970, o Dong Fang Dong (DFH-1), que durou 26 días en órbita, nunha operación da Academia de Tecnoloxía Espacial Chinesa (CAST polas súas siglas en inglés) dirixida por Qian Xuesen.

Historia A CNSA creouse en 1993, ao separarse da axencia aeroespacial.

O 14 de outubro de 2003 converteuse na terceira axencia en enviar un home ao espazo, o tenente coronel Yang Liwei. En 2007 lanzou a súa primeira misión á Lúa; a Chang'e 1.

En xullo de 2020 lanzou a súa primeira misión a Marte, Tianwen-1 ("Preguntando ós ceos"). No 2021 trouxo as súas primeiras mostras de chan da Lúa a misión Chang'e-5.

A axencia mantén diversas colaboracións, entre elas, coa ESA, coa que en 2022 leva a cabo o Balloon boom.

No 2019 comezou a modelar un plan para levar unha tripulación á Lúa, concretándoo en 2023 cun horizonte de finais dos 2020, e cumprindo os prazos ao menos ata 2026, coa preparación da lanzadeira Longa Marcha 10.

Bases

Jiuquan (Mongolia Interior), para lanzamentos a órbitas de inclinación media. Xichang (Sichuan), para lanzamentos a órbitas xeoestacionarias. Taiyuan (Shanxi), para órbitas polares. Estación de Espazo Profundo (Neuquén, Arxentina), parte da Rede de Espazo Profundo da China.

miniatura|Liu Boming, takionauta chinés.|centro|300x300px Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web oficial Páxina oficial, versión inglesa.

Outras axencias espaciais

Axencia Espacial Canadense ESA National Aeronautics and Space Administration Roscosmos Axencia Italiana do Espazo Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial

Lanzadeiras usadas Longa Marcha 1

Longa Marcha 2C

Longa Marcha 3B

Longa Marcha 3C

Longa Marcha 5

Longa Marcha 6

Longa marcha 7

Longa Marcha 10

Categoría:Axencias espaciais