Enzo Sebastián Maqueira, nado en Buenos Aires o 5 de novembro de 1977, é un xornalista arxentino, coñecido profesionalmente como Enzo Maqueira. Formouse en Comunicación Social no Centro de Altos Estudos en Ciencias Exactas de Buenos Aires. Tamén é profesor universitario, editor, músico, actor e escritor de novelas.
Traxectoria É teclista nunha banda chamada Monstruito. Os seus últimos traballos foron Ruda macho (2010) e El impostor (2011). Participou en importantes publicacións como a Revista Lea, con "La cachiporra de la democracia. Los medios de Comunicación y la estúpida clase media argentina", de Buenos Aires, na edición de decembro de 2004, pola editoral Latinoamericana. Foi editor adxunto da revista Leer e traballou nos medios de impresa e radio. Maqueira tamén é cofundador da publicación Outsider.
Dentro do medio artístico e xornalístico Maqueira é coñecido por interactuar en varios ámbitos, sobre todo actuando e fomentando o xornalismo literario.
Obra El Impostor, Ed Lea, Buenos Aires, outubro de 2011. Ruda macho, Ed Lea, Buenos Aires, novembro de 2010, 160 páxs. Historias de putas, Ed Lea, Buenos Aires, abril de 2008, 150 páxs. Cortázar, el perseguidor de la Libertad, Ed Lea. Buenos Aires, abril de 2004. 90 páxs. Cortázar, de cronopios y compromiso, Ed Longseller. Buenos Aires, marzo de 2003. 160 páxs.
Véxase tamén Ligazóns externas Editora Lea Espacio Latino (Uruguai), sobre "Ruda Macho" Portal Autores Argentinos Análise do site Hipercritico.com, sobre "Ruda Macho" Xornal Clarín, Por Bárbara Álvarez Plá - "Outsider", sobre Enzo Maqueira Banda Monstruito no evento Movistar Free Music
Categoría:Xornalistas da Arxentina Categoría:Escritores da Arxentina Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Actores da Arxentina Categoría:Músicos da Arxentina Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1977