O Skyliners Frankfurt, coñecido por motivos de patrocinio como Fraport Skyliners, é un club profesional de baloncesto alemán da cidade de Frankfurt, no estado de Hessen. Actualmente xoga na Basketball Bundesliga (BBL), a máxima categoría do baloncesto xermano. No ano 2000, tan só un ano despois da súa fundación, o club gañou o seu primeiro título ao conseguir a Copa de Alemaña e catro anos despois, en 2004, a súa primeira Liga. O seu estadio como local é o Fraport Arena, recinto con capacidade para 5 002 espectadores.
Historia O equipo naceu en 1999, cando Gunnar Wöbke, exogador e director deportivo do TV Tatami Rhöndorf decidiu trasladar ao equipo desde Bad Honnef, unha localidade próxima a Bonn, até Frankfurt. O TV Tamami Rhöndorf leveba varias temporadas finalizando entre os primeiros lugares da Basketball Bundesliga, máis Wöbke consideraba que o equipo non podía medrar máis na súa actual localización. Así, o obxectivo do traslado era poder utilizar un pavillón grande nunha gran cidade para converterse nun equipo de elite tanto en Alemaña como en Europa. Alén de Frankfurt, foron baralladas outras opcións como Colonia.
O equipo, na súa nova localización e xa bautizado como Skyliners, conseguiu gañar na súa primeira campaña a Copa de Alemaña. No ano 2004 conseguen gañar o seu primeiro título da Bundesliga, gañando nas finais ao Baskets Bamberg por 3−2. En 2005 o equipo repite final, máis estas vez o Bamberg consegue levarse o título por 3−2. Este mesmo resultado repitiríase en 2010, ano no que tamén foron subcampións de Copa. A nivel europeo, os Skyliners conseguiron varias participacións tanto en Euroliga como na Copa Saporta ou a Eurocup. Porén, o seu primeiro grande éxito europeo non chegaría até 2016 cando conseguiron a vitoria na FIBA Europe Cup após venceren na final ao Pallacanestro Varese por 66–62.
Nomes Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como: Skyliners Frankfurt (1999−2000) Opel Skyliners Frankfurt (2000−2005) Deutsche Bank Skyliners (2005−2011) Fraport Skyliners (2011−presente)
Temporadas AnoNivelLigaPos.Copa Europa1999–001 Bundesliga3ºCampións 2 Copa Saporta 2000–011 Bundesliga8º Cuartos1 Euroleague 2001–021 Bundesliga3º Terceiros 1 Euroleague 2002–031 Bundesliga7º 2 ULEB Cup 2003–041 Bundesliga1ºSubcampións 2 ULEB Cup 2004–051 Bundesliga2º Cuartos 1 Euroleague 2005–061 Bundesliga14th 2 ULEB Cup 2006–071 Bundesliga13º 2007–081 Bundesliga4º 2 ULEB Cup 2008–091 Bundesliga7º Terceiros 3 EuroChallenge 2009–101 Bundesliga2ºSubcampións 2010–111 Bundesliga3º Cuartos3 EuroChallenge 2011–121 Bundesliga9º 2 Eurocup 2012–131 Bundesliga15º 2013–141 Bundesliga11º 2014–151 Bundesliga6º 3 EuroChallenge 4th2015–161 Bundesliga3º Terceiros 3 FIBA Europe Cup 2016–171 Bundesliga10º 3 Champions League 2017–181 Bundesliga8º Fase previa2018–191 Bundesliga11º Semifinalistas 2 EuroCup 2019–201 Bundesliga7º Oitavos de final2020–211 Bundesliga11º Fase de grupos
Palmarés FIBA Europe Cup Campión (1): 2016 Liga de Alemaña Campión (1): 2004 Subcampión (2): 2005, 2010 Copa de Alemaña Campión (1): 2000 Subcampión (2)': 2004, 2010
Xogadores Destacados
Danilo Barthel 5 temporadas: 2011–2016 Isaac Bonga 2 temporadas: 2016–2018 Robert Garrett 3 temporadas: 2002–2005 Stefano Garris 3 temporadas: 2005–2008 Alex King 6 temporadas: 2003–2008 Konstantin Klein 4 temporadas: 2012–2016 Leon Kratzer 2 temporadas: 2018–2020 Bernd Kruel 3 temporadas: 2003–2006 Robert Maras 5 temporadas: 2000–2005 Kai Nürnberger 4 temporadas: 2099–2003 Pascal Roller 10 temporadas: 2099–2006, 2007–2011 Akeem Vargas 2 temporadas: 2018–2020 Johannes Voigtmann 4 temporadas: 2012–2016 Aaron Doornekamp 2 temporadas: 2014–2016 Andrew Kwiatkowski 2 temporadas: 2001–2003 Philip Scrubb 2 temporadas: 2016–2018 Mario Kasun 2 temporadas: 2002–2004 Jukka Matinen 4 temporadas: 2002–2006 Tyrone Ellis 2 temporadas: 2003–2005 Malick Badiane 3 temporadas: 2003–2006 Rudy Mbemba 3 temporadas: 2005–2008 Kavossy Franklin 2 temporadas: 2004–2006 Tyron McCoy 2 temporadas: 2000–2002 Antonio Meeking 2 temporadas: 2005–2006, 2007–2008 Quantez Robertson '09–presente Chris Williams 2 temporadas: 2003–2005
Adestradores
Stefan Koch – 1999–2001 Gordon Herbert – 2001–2004 Murat Didin – 2004–2005 Ivan Sunara – 2005–2006 Kamil Novak – 2006 Charles Barton – 2006–2007 Mike Kalavros – 2007 Murat Didin – 2007–2010 Gordon Herbert – 2010–2011 Muli Katzurin − 2011–2013 Gordon Herbert – 2013–2019 Sebastian Gleim – 2019–2021 Diego Ocampo – 2021–presente
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos de baloncesto de Alemaña