A candorcacandorca no dicionario da RAG. ou alcandorca,Martín Sarmiento (1762), alcandorca y candorca: «Tengo bastantes libros para ver las pinturas de todos los peces cetáceos, para leer su historia. Y para saber sus nombres, sobre ese pie, me sería fácil escribir algunos pliegos copiando, a diestro y siniestro. Hace pocos años que en el puerto de Zumaya, en Vizcaya, vararon trescientos pescados cetáceos, que ninguno sabía su nombre. Remitiéronme toda la descripción y en ella se decía que un gallego, que por acaso estaba presente, había llamado alcandorca al dicho pez cetáceo. Esa sola voz alcandorca, que se usa en la ría de Pontevedra, me bastó para escribir tres pliegos sobre los dichos pescados, con algunas noticias curiosas. Al fin, conjeturé que sería el pescado orca de Plinio, y el que en Galicia llaman candorca y alcandorca». (Orcinus orca) é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos, e pode chegar a pesar 10 t.Carwardine, M. (1995), pp. 168-169. Poderoso e versátil depredador, pode cazar peixes, pinnípedes, cefalópodos, aves e tartarugas. En grupo pode atrapar presas de maior tamaño, como morsas e incluso baleas. Está, polo tanto, no cumio da cadea trófica oceánica.

As candorcas poden atoparse en calquera dos océanos. Viven tanto en mar aberto coma xunto ao litoral.

Teñen unha vida social complexa, baseada na formación e mantemento de grupos familiares de 3 a 150 individuos. Ás veces poden reunirse varios destes noutros máis amplos. Comunícanse a través de sons e adoitan viaxar en formacións que asoman ocasionalmente á superficie. Parece que a primeira descrición da especie fíxoa Plinio o Vello, quen xa a describía como un monstro mariño feroz. Con todo, non se ten coñecemento de ataques a seres humanos no medio natural, aínda que se sabe dalgúns casos de agresións aos seus adestradores en delfinarios.

Con frecuencia chámaselles "baleas asasinas" (do inglés killer whales), aínda que non son baleas (son golfiños moi grandes) nin moito menos asasinas (son simplemente depredadores).

Taxonomía e etimoloxía Taxonomía

A candorca é a única especie do xénero Orcinus e unha das 38 especies da familia dos golfiños. Foi descita por primeira vez en 1758 por Linneo co nome de Delphinus orca.

Etimoloxía Nome científico O xénero Orcinus foi creado en 1860 por Fitzinger. Derivou o seu nome do latín orca, nome de certo cetáceo ou monstro mariño (o nome específico asignado por Linneo á especie Delphinus orca que describira en 1758, como quedou dito), e engadiulle o sufixo -inus ("-ino").

Nome galego Segundo Antón Santamarina,Ríos Panisse, M. C. (1983), pp. 10-12. a palabra candorca evidentemente está relacionada con orca, do latín orca. Quizais poida explicarse coa composición *can de orca procedente dun *can orca. En alcandorca parece que hai unha aglutinación do artigo árabe al-.

Os nomes galegos nalgúns dicionarios dos anos 1990 (despregable) O dicionario da editorial Ir Indo e o de Estraviz dan, palabra a palabra, a mesma definición de cetáceo:

Nestes dicionarios os cetáceos son considerados como peixes, como ocorre coa candorca. Esta tivo mala fama desde a máis remota antigüidade que, nalgúns casos, continúa hoxe. Foi considerada un monstro sanguinario, feroz devoradora doutros animais. Exemplo diso pode ser o seu nome en inglés, killer whale ("balea asasina"), o que tamén se reflectiu nos dicionarios galegos.

O dicionario de Estraviz define alcandorca (unha das variantes da voz candorca) deste xeito:

Alcandorca, s.m. (1). Zool. Cachalote, peixe mular; mamífero da familia dos fisetéridas, orde dos cetáceos, moi semellante á balea pero de menor tamaño. Sinón. Candorca. N.C. Xiphias gladius. (2). Mamífero mariño máis coñecido por candorca. N.C. Orcinus orca.Estravís:1986:121.

A definición contén erros porque mestura cachalote con candorca e peixe mular, que son tres animais distintos, e ningún dos tres ten como nome científico Xiphias glaudius (o peixe espada).

Por outra parte, a voz candorca ten, no Estraviz, dúas acepcións:

Candorca, s.f. (1). Peixe máis coñecido por peixe–espada. N.C. Xiphias gladius. (2) Mamífero mariño. N.C. Orcinus orca.Estravís:1986:491.

Alcandorca non é, para Estraviz, sinónimo de candorca, aínda que candorca éo de alcandorca. Como tampouco non o é orca, a pesar de que neste dicionario vén esta definida como "grande cetáceo da familia dos delfínidas, duns 10 metros de longo, que habita nos mares do norte. N.C. Orcinus orca" (p. 1913).

Ir Indo considera tamén a candorca como peixe. Define: "peixe máis coñecido por peixe espada".Ir Indo:1986:188. Pola súa banda, Franco Grande define candorca como "orca, pez mular",Franco Grande;1972:237., dando como sinónimos candorca, candorza e alcandorca, e definindo esta última como "pez mular. Cachalote, cetáceo carnívoro" (p. 64).

Todas estas confusións débense seguramente ao gran predicamento do Padre Sarmiento e don Eladio Rodríguez entre os dicionaristas da época. No seu dicionario,Rodríguez González, E, (1958). fonte destacada para outros máis modernos, define alcandorca (tomo 1, p. 109) como "pez mular, cachalote, mamífero marino perteneciente a los cetáceos, parecido a la ballena, pero mucho más feroz", e dá como sinónimos candorca, espolarte e peixe espada. En cambio, a candorca (tomo 1, p. 456) é unha "orca, pez mular" e engade, citando a Cornide, que "algunos creen que es la ballena menor, mientras que otros lo reputan enemigo inexorable de este cetáceo". Continúa Rodríguez relatando (e aquí xa non segue a Cornide) que "es el antiguo monstruo marino que perseguía y devoraba a las ballenas" e que mide "de 80 a 100 metros de largo". Rebaixa un pouco o tamaño na definición da voz alcandorca, da que di que o seu corpo "mide hasta treinta o más metros de largo". Xa ao final do seu longo artigo dedicado á candorca, don Eladio di "conócese también en Galicia con el nombre de espadarte, según Sarmiento, pero Cornide opina que son totalmente distintos".Cornide, Joseph (1787). Cornide explica, en contra do que dicía Sarmiento, que candorca e espadarte non son o mesmo; o espadarte é o peixe espada e a candorca é un cetáceo. A confusión puidera vir de que en francés este cetáceo se denomina épaulard, e que quizais por corrupción desta verba se formou espadarte. O profesor Antón Santamarina, en nota etimolóxica ás voces alcandorca e candorca como posibles nomes galegos de Xiphias gladius (peixe espada),Ríos Panisse, M. C. (1983). cre que candorca é o mamífero Orcinus orca. Véxase tamén: Os cetáceos nalgúns dicionarios galegos en Galilibros

Evolución A especie caracterízase por ter unha poboación abundante sen parentes inmediatos desde o punto de vista da cladística. A paleontoloxía considera que a candorca puido ter un pasado evolutivo anaxenético, isto é, unha evolución das formas ancestrais ás descendentes sen se verificar ningunha ramificación da liña xenética (formación de especies emparentadas que coexistisen no tempo). Se así fose, a candorca pasaría a ser unha das máis antigas especies de golfiños, aínda que é pouco probable que sexa tan antiga coma a propia familia, cuxo inicio se data en hai preto de 5 millóns de anos.

Características físicas miniatura|250 px|A aleta dorsal, maior nos machos, axuda a distinguir os sexos. Estes animais caracterízanse por teren o dorso negro e a zona ventral branca. Teñen tamén manchas brancas na parte lateral posterior do corpo e por riba e detrás dos ollos, así como o queixo, a gorxa e o tórax, que se prolonga estreitándose polo ventre e se ensancha nos flancos. Detrás da aleta dorsal teñen unha mancha gris variable en forma de sela.

O corpo é pesado e engrosado e teñen unha aleta dorsal moi alta, a maior do reino animal, que pode medir ata 1,8 m de altura (maior e máis erecta nos machos de maior idade que nas femias). Os machos poden medir ata 9,5 m de lonxitude e pesar de 2,6 a 9 t. As femias, menores, poden chegar aos 8,5 m e 5 t. As crías nacen con preto de 180 kg e miden preto de 2,4 m de lonxitude.

As candorcas macho de maiores dimensións teñen un aspecto distinto que non dá marxe a confusións ao identificalos. Con todo, vistas á distancia en augas temperadas, as femias e as crías poden confundirse con outras especies, como a falsa candorca (Pseudorca crassidens) ou o caldeirón cinsento (Grampus griseus).

A maior parte dos datos sobre a vida das candorcas foi obtida en investigacións de longa duración con poboacións da costa da Columbia Británica (Canadá) e do estado norteamericano de Washington, así como pola observación de animais en catividade. A información dispoñible sobre esta especie é abundante e está debidamente sistematizada polos naturalistas. Isto débese tamén á natureza altamente estruturada dos grupos sociais destes animais, nos que os membros dunha familia adoitan permaneceren xuntos toda a súa vida. Con todo, algúns grupos transitorios ou residentes noutras áreas xeográficas poden teren características lixeiramente diferentes.

As femias alcanzan a madurez sexual aos 15 anos de idade. A partir de entón teñen períodos de ciclo poliestral (celo regular e continuo) con períodos sen o ciclo estral que poden durar de tres a dezaseis meses. As femias poden dar á luz unha soa cría unha vez cada cinco anos. Nos grupos sociais analizados os nacementos poden ocorrer en calquera época do ano, cunha certa preferencia polo inverno. A mortalidade dos recentemente nacidos é elevada: os resultados dunha investigación suxiren que preto de metade das crías morren antes de alcanzar os seis meses. As crías son aleitadas ata os dous anos de idade, mais con doce meses xa se alimentan de comida sólida. As femias son fértiles ata os 40 anos, polo que poden ter ata cinco crías de media. A esperanza de vida das femias é, xeralmente, de cincuenta anos, aínda que en casos excepcionais poden vivir ata os noventa. Os machos son sexualmente activos con 15 anos de idade e chegan a vivir ata os 30 anos (ou ata os 50 en casos excepcionais).

Distribución xeográfica A candorca é dos mamíferos con maior área de distribución xeográfica no planeta. Encóntranse en todos os océanos e na maior parte dos mares, e tamén (o que é raro para os cetáceos) o mar Mediterráneo e o mar de Arabia (incluído o mar Vermello e o golfo de Omán). Porén, a distribución non é uniforme, pois é máis abundante nas augas máis frías das rexións temperadas e sobre todo nas polares, máis do que nas tropicais e subtropicais. Aínda que se encontren por veces en augas profundas, as áreas costeiras son xeralmente preferidas aos ambientes peláxicos.

Existen poboacións de candorcas particularmente concentradas na zona nordeste da Conca do Pacífico, onde o Canadá fai curva coa Alasca, ao longo da costa da Islandia e na costa setentrional da Noruega. Son avistadas con frecuencia nas augas antárticas, por riba do límite dos casquetes polares. De feito, crese que se aventuran baixo o casquete de xeo e sobreviven só co ar presente en bolsas situadas baixo o xeo, como fai a beluga. No Ártico, con todo, a especie é raramente avistada no inverno, xa que evita o casquete polar e visita estas augas só no verán. A información sobre outras rexións é escasa.

Estado de conservación Non existe unha estimación para a poboación global total. Estes son algúns datos a nivel local: Antártida: preto de 70 000-80 000 individuos Pacífico tropical: 8 000 (aínda que as augas tropicais non sexan o ambiente preferido destes animais, na súa gran dimensión -19 millóns de km²- poderán vivir millares de candorcas) Xapón: preto de 2 000 Pacífico nordés: 1 500 nas augas máis frías Noruega: 1 500.

De xuntárense os datos de estimacións menos precisas sobre áreas menos investigadas, a poboación total podería ascender aos 100 000 individuos.