A tempada 2011-12 da Liga ACB foi a 29ª edición da máxima competición ligueira entre clubs de baloncesto que se xoga en España. A liga comezou o 8 de outubro de 2011, e rematou o 16 de xuño de 2012 co quinto e derradeiro encontro da final.
Composta por 18 conxuntos, a liga tivo unha tempada regular con 34 xornadas, e de seguido os 8 primeiros equipos da táboa comezaron a disputa das eliminatorias polo título. Pola contra, os dous últimos da táboa descenderon de categoría, malia que diversas razóns económicas permitiron que os dous recuperasen a categoría.
Tempada regular A tempada regular rematou o 6 de maio de 2012 despois da disputa de 34 xornadas. O Regal FC Barcelona acadou o primeiro posto da táboa con 29 vitorias, seguido polo Real Madrid Basket que venceu en 26 encontros. Pola parte baixa da táboa o máis salientable foi a clasificación do Asefa Estudiantes en postos do descenso de categoría por vez primeira na súa longa historia, se ben finalmente non se levou a cabo por cuestións administrativas. O Blu:sens Monbus Obradoiro, único representante galego na elite do baloncesto español, levou a cabo a mellor tempada da súa historia, acadando a permanencia na penúltima xornada, e rematou a súa participación con 13 vitorias. Así quedou a táboa clasificatoria ó cabo das 34 xornadas da tempada regular:
PosEquipoXogGPP+P-Dif1Regal FC Barcelona 34 29 5 2639 2232 +4072Real Madrid 34 26 8 2829 2513 +3163Caja Laboral Baskonia 34 23 11 2545 2384 +1614Valencia BC 34 20 14 2531 2401 +1305Lagun Aro GBC 34 19 15 2664 2578 +866Gescrap Bizkaia 34 19 15 2642 2615 +277Banca Cívica Sevilla 34 18 16 2523 2460 +638CB Lucentum Alicante 34 18 16 2352 2439 -879Unicaja Málaga 34 17 17 2509 2562 -5310CAI Zaragoza 34 16 18 2404 2454 -5011FIATC Joventut 34 16 18 2493 2562 -6912Assignia Manresa 34 15 19 2497 2559 -6213Blu:sens Monbus 34 13 21 2405 2481 -7614Gran Canaria 2014 34 13 21 2268 2395 -12715UCAM Murcia 34 13 21 2439 2512 -7316Mad-Croc Fuenlabrada 34 12 22 2414 2585 -17117Asefa Estudiantes 34 11 23 2394 2573 -17918Blancos de Rueda Valladolid 34 8 26 2349 2592 -243
Lenda Postos que clasifican para a disputa da Copa do Rei e do título de liga. Postos de descenso á Liga LEB
Xog = Encontros xogados; G = Encontros gañados; P = Encontros perdidos; P+ = Puntos a prol; P- = Puntos en contra; Dif = Diferenza de puntos
Rolda final Unha vez rematada a tempada regular, os oito primeiros conxuntos da táboa comezaron a disputa polo campionato. Cada eliminatoria dos cuartos de final decidíase ó mellor de 3 encontros, mentres que as semifinais e a final decidíronse ó mellor de 5 encontros. Así foron os emparellamentos das eliminatorias finais polo título:
O campión definitivo da edición 2011/12 da Liga ACB foi o Regal FC Barcelona, que bateu na final ó MMT Real Madrid por 3 encontros a 2. Esta vitoria supuxo o 14º título de Liga ACB para o club catalán, que así aumentou a súa vantaxe no palmarés desta competición sobre o Real Madrid (8 títulos).
O xogador culé Erazem Lorbek foi elixido MVP da final.
Estatísticas da tempada regular Máximo anotador: Andy Panko (GCB) - 18'9 ppp (en 34 encontros) Valoración: James Augustine (UCAM Murcia) - 18'6 (en 34 encontros) Máximo reboteador: James Augustine (UCAM Murcia) - 8'32 rpp (en 34 encontros) Máximo asistente: Javi Rodríguez (Assignia Manresa) - 6'24 app (en 29 encontros) Máximo taponador: D'or Fischer (Gescrap Bizkaia) - 1'90 tpp (en 31 encontros) Máximo recuperador: Pablo Prigioni (Caja Laboral) - 1'91 rpp (en 32 encontros) Máximo machacador: Boniface Ndong (FC Barcelona Regal) - 1'66 mpp (en 29 encontros) Porcentaxe tiros 1: Alberto Corbacho (Blu:Sens Monbús) - 93'65% (en 33 encontros) Porcentaxe tiros 2: Gustavo Ayón (Mad-Croc Fuenlabrada) - 66'35% (en 10 encontros) Porcentaxe tiros 3: Kristaps Valters (Unicaja Málaga) - 47'27% (en 29 encontros)
Premios MVP da Tempada Andy Panko - Lagun Aro GBC
Xogador máis espectacular Latavious Williams - FIATC Mutua Joventut
Xogador revelación Micah Downs - Assignia Manresa
Xogador máis deportivo Sergi Vidal - Lagun Aro GBC
Mellor adestrador Xavi Pascual - FC Barcelona Regal
Quinteto ideal da tempada PosiciónXogadorEquipoBase Sergio LlullReal MadridEscolta Sergi VidalLagun Aro GBCAleiro Andy PankoLagun Aro GBCAla-pivote Mirza TeletovicCaja LaboralPivote Erazem LorbekFC Barcelona Regal
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da liga ACB Outros artigos
Categoría:Tempadas da ACB Categoría:Baloncesto en 2012