é a terceira serie de animación baseada na franquía xaponesa Digimon.
Sinopse A historia ten lugar inicialmente nun universo alternativo, nun mundo moi semellante á Terra, onde os digimons son só un negocio do entretemento, composto por videoxogos, cartas coleccionábeis, e series de televisión. Un grupo de tres rapaces de 12 anos (10 na versión xaponesa), Takato, Henry e Rika (fans do xogo de cartas) coñecen ós seus propios compañeiros digimon reais, e comezan a loitar contra os outros digimon que cruzan a barreira entre a rede da información e o mundo real. A maioría da acción transcorre no barrio de Shinjuku en Tokyo, Xapón e tamén no Digital World durante un curto período de tempo.
Personaxes Personaxes princiapais Personaxe Actor de dobraxe Digimon Actor de dobraxe Takato MatsukiMatsuda Takato (松田 啓人) Makoto Tsumura (XAP) Guilmon Masako Nozawa (XAP) Un imaxinativo rapaz que crea el mesmo ó seu compañeiro digimon, e que gradualmente xorde como o líder non oficial do grupo. Imaxinou a Guilmon e deulle a vida despois de descubrir o seu Digivice. Henry WongLi Jianliang/Ri Jenrya (李 健良) Mayumi Yamaguchi Terriermon Aoi Tada Un rapaz medio xaponés, medio chinés, e a voz da razón dentro do grupo. El escolle a Terriermon como compañeiro nun videoxogo. Rika NonakaMakino Ruki (牧野 留姫) Fumiko Orikasa Renamon Yuka Imai Unha rapaza forte e decidida, campioa do xogo de cartas de Digimon e inicialmente a que máis experiencia ten nas batallas reais Digimon. Escolle a Renamon polo único desexo de ter un compañeiro forte. Ryo AkiyamaAkiyama Ryō (秋山 リョウ) Junichi Kanemaru Cyberdramon Ikkei Seta Un enigmático rapaz que desapareceu no mundo dixital despois de gañarlle a Rika e tomar o primeiro lugar no Torneo de Cartas de Digimon. Jeri KatouKatō Juri (加藤樹莉) Yoko Asada Leomon Hiroaki Hirata Unha das compañeiras do colexio de Takato. Ten unha pobre relación co seu pai como resultado da morte da súa nai. Kazu ShiodaShiota Hirokazu (塩田 博和) Yukiko Tamaki Guardromon Yanada Kiyoyuki Un dos mellores amigos de Takato e Kenta, que xoga a miúdo con eles ó xogo de cartas Digimon. Idolatra a Ryo por ser o campión do xogo. Kenta KitagawaKitagawa Kenta (北川 健太) Tōko Aoyama MarineAngemon Ai Iwamura Un dos amigos de Takato e Kazu. El é moito máis resignado e menos dado a falar sen pensar en comparación con Kazu. Suzie WongLi Shaochung/Ri Shiuchon (李 小春) Ai Nagano Lopmon Aoi Tada A irmá máis nova de Henry. Nun principio non sabe que Terriermon é real, e trátao coma se fose un dos seus peluches. Ai e MakoAi (アイ) e Makoto (マコト) Haruhi Terada & Miwa Matsumoto Impmon Hiroki Takahashi Dous nenos pequenos que coñeceron a Impmon cando este acababa de chegar por primeira vez ó mundo real; a súa experiencia con eles dous xeraron nel o seu desagrado cos seres humanos. Reconcílianse con Impmon preto do fin da tempada.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Digimon Lista de digimons
Categoría:Digimon