Cantelar é un lugar da parroquia de Boullón no concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Tiña 51 habitantes no ano 2010 segundo datos do IGE, dos cales 22 eran homes e 29 eran mulleres.

Nun souto entre Cantelar e o río Pego está o petróglifo de Cota Cornido no que se poden apreciar dúas cazoletas de 20 cm. de fondo e 15 de diámetro. Está atravesado horizontal e verticalmente por un conxunto de incisións curvilíneas.

Véxase tamén Ligazóns externas Información da parroquia na web do Hotel Rosalía.

Lugares e parroquias Lugares de Boullón

Parroquias de Brión

Categoría:Lugares de Brión