O D (de) é a cuarta letra do alfabeto galego, e representa os fonemas oclusivo dental sonoro /d/ e aproximante dental sonoro /ð/.
Historia A letra D ten a súa orixe na escrita hierática exipcia. O seu ancestral máis antigo recibiu o nome de deret (man). Cando foi adoptado no alfabeto fenicio pasou a chamarse daleth (porta). No alfabeto grego recibiu o nome de Delta (Δ, δ). No alfabeto etrusco e o alfabeto latino usouse tamén o delta'', dándolle o deseño actual.
Xeroglífico exipcio[porta] Protosemítíco[Dal, Daleth] Fenicio[Daleth] Grego[Delta] Etrusco[D] Latín[D]O31Ficheiro:Proto-semiticD-01.pngFicheiro:Proto-semiticD-02.pngFicheiro:PhoenicianD-01.png84px44px44px
Outras representacións No alfabeto fonético aeronáutico asígnaselle a palabra Delta. No código Morse é — ·· .
Outros significados Na numeración romana representa o número 500. Na notación musical anglosaxoa representa a nota re.
Véxase tamén Entradas da enciclopedia que comezan por D Outros artigos Ð D africano Vitamina D
Categoría:Grafémica