Benito Rivas Fondevila, nado en Siador en 1910 e finado en Silleda o 18 de novembro de 1973, foi un mestre e político galego.

Traxectoria Fillo de Benito Rivas Rodríguez, que fora secretario do Xulgado de Silleda, foi mestre e estivo afiliado a Falange. O 9 de abril de 1948, no asalto á súa casa de Siador, resultou ferido o guerrilleiro Miguel Nicolás Esperante, que faleceu inmediatamente. Foi presidente da Hermandad de Labradores de Silleda."La Orden civil del Mérito Agrícola impuesta a los señores Baena, Lombos, Rial y Rivas", El Pueblo Gallego, 25-6-1968, p. 12 Concelleiro de Silleda, foi nomeado alcalde en febreiro de 1971."Nuevos alcaldes y Jefes locales de Bueu, Silleda y Arbo", El Pueblo Gallego, 2-2-1971, p. 12 Foi presidente da Cooperativa Hoxe. Finou en Silleda o 18 de novembro de 1973.La Voz de Galicia, 20-11-1973, p. 41.

Recoñecementos Foi condecorado como cabaleiro da Orde de Cisneros e da Gran Cruz do Mérito Agrícola. Unha praza da vila de Silleda leva o seu nome.

Notas

Categoría:Alcaldes de Silleda Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Silleda Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1973 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes