José Ramón Bugallal Muñoz, nado o 3 de agosto de 1818 en Ponteareas e finado na mesma vila o 22 de febreiro de 1891, foi un político galego.
Traxectoria Fillo de Pedro Lorenzo Bugallal. Notario en Ponteareas. Foi designado alcalde de Ponteareas en 1852. Xefe do Partido Conservador en Galicia, foi gobernador civil de Ourense de 1875 a 1877, en 1880 e de 1883 a 1884.
Vida persoal Casou con Mariana Araujo Alcalde, filla do emigrante e líder da comunidade galega en Cuba, Isidoro Araújo. Entre os seus fillos están Isidoro Bugallal e Gabino Bugallal, xornalista o primeiro e político o segundo, que chegou a ser presidente do goberno de España.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Notarios Categoría:Gobernadores civís de Ourense Categoría:Alcaldes de Ponteareas Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Nados en 1818 Categoría:Finados en 1891 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos