Brandan Keith Wright, nado o 5 de outubro de 1987 en Nashville, Tennessee, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense.
Traxectoria profesional Wright foi elixido na 8ª posición do Draft da NBA de 2007 tras xogar na Universidade de Carolina do Norte. Foi escollido polos Charlotte Bobcats, e na mesma noite do Draft, foi traspasado aos Golden State Warriors a cambio do escolta Jason Richardson e os dereitos do Draft de Jermareo Davidson, quen foi elixido polos Warriors na 36ª posición. Xogou 38 partidos durante a súa tempada coma rookie, seis deles sendo titular. Wright rematou a tempada 2008-09 con 4.0 puntos e 2.6 rebotes por partido, xogando 9.9 minutos.
O 14 de outubro de 2009, os Warriors ampliaron o seu contrato ata o remate da tempada 2010-11.
O 23 de febreiro de 2011, Wright foi traspasado aos New Jersey Nets xunto a Dan Gadzuric, a cambio de Troy Murphy e unha elección da segunda rolda do Draft.
O 9 de decembro de 2011 asinou como axente libre, co campión da NBA da tempada anterior, os Dallas Mavericks.
O 18 de decembro de 2014, Wright foi traspasado xunto a Jameer Nelson, Jae Crowder e dúas eleccións dos Drafts de 2015 e 2016, ós Boston Celtics, a cambio de Rajon Rondo e Dwight Powell.
O 9 de xaneiro de 2015, Wright foi traspasado ós Phoenix Suns a cambio dunha elección da primeira rolda do Draft de 2015.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com
Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Nashville, Tennessee Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Charlotte Bobcats Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Houston Rockets