A Major League Soccer é a liga profesional de fútbol en Norteamérica. Fundada en 1993, actualmente a MLS está composta por 20 equipos, 17 deles dos Estados Unidos, e outros 3 do Canadá. Nesta liga non existen acensos nin descensos, pois é unha liga pechada entre franquías. En 2011 a IFFHS situou á MLS no posto 52º da clasificación das ligas mais fortes do mundo, ocupando así o 2º posto entre as ligas de fútbol da zona Concacaf.

Historia A creación da MLS foi incluída na candidatura de Estados Unidos para organizar o Campionato do Mundo de Fútbol de 1994. Unha vez elixida pola FIFA a candidatura proposta pola Federación de Fútbol dos Estados Unidos, esta tivo que cumprir a súa promesa. A primeira tempada da MLS comezou o 6 de abril de 1996 con 10 equipos divididos en 2 conferencias (Leste e Oeste). Os 10 equipos disputaron unha tempada regular de 32 xornadas, seguida duns playoffs nos que se decidiu o título de campión.

Nos seguintes anos o número de equipos que compoñen a liga foi crecendo ós poucos, ata chegar ós 18 equipos que actualmente compiten cada ano polo campionato.

Palmarés O equipo campión recibe a MLS Cup. O LA Galaxy é o equipo máis laureado da competición con 5 MLS Cups no seu palmarés. Ademais é tamén o equipo que máis finais disputou con 9.

FINAL 2014 Data7 de decembroCampión Los Angeles GalaxyFinalista New England RevolutionResultado 2-1 Finais da Major League SoccerTempadasCAMPIÓNResultadosSubcampión 2014 Los Angeles Galaxy 2-1 New England Revolution 2013 Sporting Kansas City 1-1 (7-6) Real Salt Lake 2012 Los Angeles Galaxy 3-1 Houston Dynamo 2011 Los Angeles Galaxy 1-0 Houston Dynamo 2010 Colorado Rapids 2-1 FC Dallas 2009 Real Salt Lake 1-1 (5-4) Los Angeles Galaxy 2008 Columbus Crew 3-1 New York Red Bulls 2007 Houston Dynamo 2-1 New England Revolution 2006 Houston Dynamo 1-1 (4-3) New England Revolution 2005 Los Angeles Galaxy 1-0 New England Revolution 2004 DC United 3-2 Kansas City Wizards 2003 San Jose Earthquakes 4-2 Chicago Fire Soccer Club 2002 Los Angeles Galaxy 1-0 New England Revolution 2001 San Jose Earthquakes 2-1 Los Angeles Galaxy 2000 Kansas City Wizards 1-0 Chicago Fire Soccer Club 1999 DC United 2-0 Los Angeles Galaxy 1998 Chicago Fire Soccer Club 2-0 DC United 1997 DC United 2-1 Colorado Rapids 1996 DC United 3-2 Los Angeles Galaxy

Equipos Os 20 equipos da MLS son franquías propiedade da liga, aínda que son dirixidos por co-propietarios. Os xogadores negocian e asinan os seus contratos coa liga, non co seu equipo. Na Conferencia Leste hai 8 equipos estadounidenses e 2 canadenses, mentres que na Conferencia Oeste hai 9 estadounidenses e un do Canadá. Tódolos equipos da liga teñen un límite salarial, o que quere dicir que non lle poden pagar ós xogadores unha cantidade superior ó límite marcado. En 2007 o regulamento foi cambiado para permitir que cada equipo poida ter 3 excepcións, é dicir, que cada equipo poida ter 3 xogadores designados que teñen un soldo superior por considerar que son xogadores estrelas. O troco no regulamento veu motivado pola fichaxe de David Beckham polos LA Galaxy.

O líder da táboa cando remata a tempada regular, e mailo equipo que gaña na final, son equipos que teñen dereito a disputar a Liga de Campións da Concacaf na seguinte tempada, sempre que non sexan canadenses, xa que os equipos canadenses acadan o dereito a clasificarse para competicións continentais a través da súa propia competición nacional. Hai outras dúas prazas para disputar a fase previa da Liga de Campións, que son para o equipo que perde na final, e para o equipo que gaña na competición copeira, unha competición na que compiten os equipos da MLS con outros equipos estadounidenses.

Conferencia Leste

Conferencia Oeste

Táboa histórica 1996-2010 A táboa histórica da MLS está liderada por aqueles equipos que en 1996 foron membros fundadores da competición. Nesta táboa hai 2 equipos que desapareceron trala tempada 2001 (Tampa Bay Munity e Miami Fusion), e outro equipo que ten previsto debutar na tempada 2012 (Montreal Impact). O número 1 desta táboa é o Los Angeles Galaxy, o que quere dicir que dende o nacemento la MLS en 1996 ten sido o equipo mais regular da competición, o cal se confirma no dato de que é o equipo con máis finais disputadas, 7. Na segunda posición está o DC United, que é o equipo con máis títulos no seu palmarés, 4, pero que nos últimos anos ten feitos tempadas pouco salientables. Precisamente os 2 equipos que ocupan as primeiras posición na táboa histórica la MLS, son os 2 únicos equipos da liga que teñen acadado nalgunha ocasión a vitoria final na Liga de Campións da Concacaf, a máxima competición continental de fútbol que se disputa en Norteamérica. PosiciónEquipoPaísXog.Gañ.Emp.Per.G+G-Dif.PTS1Los Angeles Galaxy458214801647225261267002DC United45820375180742682606483Columbus Crew45819385180675641346384FC Dallas45819277189691692 -16235Chicago Fire Soccer Club39517682137605519866006Sporting Kansas City45915188190645668 -235997Colorado Rapids45817981198620692 -725948New England Revolution45918081198652713 -715879New York Red Bulls45817675207652713 -7158110San Jose Earthquakes392162721625695541552011Tampa Bay Mutiny18783698312336 -2423512Houston Dynamo151 6147442111733823013Chivas USA184624478227254 -2723014Real Salt Lake184575176234253 -1922215Miami Fusion122561056199219 -2015816 Toronto FC120343254129179 -5013417Seattle Sounders602617177764139518Philadelphia Union 3087153549 -143119Vancouver Whitecaps0000 - 20Portland Timbers0000 - 21Montreal Impact 0000 -

Notas

Véxase tamén Outros artigos Liga de Campións da Concacaf Ligazóns externas Páxina oficial da MLS

Categoría:Major League Soccer