Geroa Bai, que traducido do éuscaro ao galego significaría Si ao futuro, é unha coalición política vasco-navarra creada para as eleccións xerais de 2011 en España e integrada por Partido Nacionalista Vasco (PNV), Atarrabia Taldea e a asociación Zabaltzen, ante a negativa de Eusko Alkartasuna, Batzarre e Aralar de reeditar a coalición Nafarroa Bai de cara ás citadas eleccións. A súa cabeza de lista é Uxue Barkos. Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Coalicións electorais de España