Jesús Miguel Prado Patiño, nado en Papucín (Frades) en 1957, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria Traballador autónomo ligado á banca. Entrou en política en 1979 como secretario do comité comarcal de AP e secretario local en Frades. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura de AP á alcaldía de Frades e foi elixido alcalde grazas ao apoio da CPG. Nas seguintes eleccións, en 1991, revalidou a alcaldía cunha ampla maioría absoluta á fronte do PPdeG. Continuou como alcalde tralas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta ata a súa dimisión en setembro de 2012 para presentarse ás autonómicas de outubro dese ano, tralas que foi elixido deputado do Parlamento de Galicia.

Presentouse novamente nas listas do PPdeG nas eleccións autonómicas de 2016 e 2020 e, aínda que non saíu elixido á primeira, entrou como deputado na cámara galega en xuño de 2018 logo do falecemento de Carlos López Crespo, e en setembro de 2021 logo da renuncia de varios conselleiros aos seus escanos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Frades

Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Galicia Entrevista en El Correo Gallego

Categoría:Alcaldes de Frades Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Frades Categoría:Nados en 1957 Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes