Jesús Tallón Maceira, nado en Vedra cara a 1950, é un mestre e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Mestre, tras exercer en varias localidades en 1984 instalouse na EstradaXubilación de Suso Tallón e Suso Palacios. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía da Estrada e foi elixido concelleiro. Nas eleccións municipais de 1991 volveu encabeza-la candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde grazas a un pacto coa Agrupación Independiente da Estrada de Ramón Campos Durán e o BNG. Este tripartito durou menos dun ano, debido a que existiron negociacións entre o PP e a formación de Ramón Campos, que deron como resultado que Ramón Campos acadou a alcaldía co apoio do PPdeG en xuño de 1992 mediante unha moción de censura e se integrou na formación conservadora. Volveu encabeza-la candidatura socialista nas municipais de 1995, e se ben mellorou os seus resultados, non conseguiu recupera-la alcaldía logo de que o PPdeG lograse a maioría absoluta, polo que continuou como portavoz municipal e concelleiro ata 1999. Foi Secretario de Organización do PSdeG baixo o mandato de Paco Vázquez entre 1994 e 1998.
Tras un tempo apartado da primeira liña política, en outubro de 2006 volveu como Secretario Xeral do PSdeG na Estrada, paralelamente coa designación do seu anterior número 2 no concello José Antonio Dono como candidato á alcaldía para as municipais de 2007. Dono lograría a alcaldía en 2007. Permaneceu como Secretario Xeral ata 2012.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Estrada
Ligazóns externas Crónica en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes da Estrada Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Vedra
Categoría:Nados en 1950