Aguilar de Segarra é un municipio de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona, na comarca do Bages.

Xeografía Limita ao norte con Sant Mateu de Bages e Fonollosa, ao leste con Rajadell, polo sueste con Castellfollit del Boix, polo sur con Rubió e els Prats de Rei, e polo oeste con Sant Pere Sallavinera, estes tres últimos da comarca do Anoia.

O núcleo de Aguilar está rodeando o barrio da estación. Outros barrios son o de Sant Miquel, o núcleo de Les Coromines e El Raval, ademais de moitas masías diseminadas.

O municipio está ben comunicado, tanto por estrada co Eix Transversal, como por ferrocarril, onde conta cunha estación no traxecto Barcelona-Lleida.

Demografía Conta cunha poboación de 287 habitantes (INE 2022).

Economía A actividade principal son os cultivos de secaño (millo, legumes, patacas, aceite, améndoa) e o gando (ovino e porcino). Antigamente facíase carbón.

Lugares de interese 220px|miniatura|Igrexa de Sant Andreu d'Aguilar Castelo de Castellar Castelo de Aguilar Igrexa de Sant Andreu d'Aguilar Igrexa de Sant Miquel de Castellar Igrexa de Santa Magdalena de Còdol-rodon Igrexa de Santa Maria de les Coromines Igrexa de Santa Maria del Grauet

Festividades Pascua San Miguel Festa maior de Aguilar, en setembro. Festa maior de Castellar, en agosto.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do concello Información da Diputació de Barcelona Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya

Categoría:Concellos da provincia de Barcelona