Juan Sarmiento Patiño nado en San Martiño do Porto (Cabanas) o 23 de febreiro de 1911 e finado o 1 de agosto de 1997, foi un político galego, alcalde de Pontedeume desde 1940 ata 1970.

Traxectoria Logo de cursar os estudos de Bacharelato por libre, preparouse para o ingreso na Escola de Máquinas da Armada. A instauración da II República Española en 1931 impediulle a súa aspiración, xa que logo o goberno republicano pechou a Escola.

Durante o período republicano exerceu como mestre interino ata o comezo da guerra civil, na que participou na fronte de Asturias como voluntario no bando dos sublevados. Posteriormente, e tras o paso pola Academia de Suboficiais de León, acadou o grao de sarxento.

O 12 de decembro de 1940 foi nomeado alcalde de Pontedeume. Logo da súa marcha da alcaldía, o 17 de setembro de 1970, a nova corporación nomeouno Fillo Adoptivo de Pontedeume e deulle o seu nome a un parque da vila, en sesión do 30 de setembro de 1971.

Véxase tamén Outros artigos Historia de Pontedeume#A ditadura de Franco.

Ligazóns externas Biografía no artigo de Carlos de Castro Álvarez Nombres ilustres en las calles, plazas y jardines de Pontedeume no nº 11 (2004) da revista Cátedra.

Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Nados en Cabanas Categoría:Alcaldes de Pontedeume Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes