O Territorio da Capital Federal é a unidade territorial e administrativa que abriga a capital de Nixeria, Abuja. A súa poboación estímase en 1.868.217 habitantes (2010). Páxina visitada o 24-11-2011. Creouse o 3 de febreiro de 1976 de partes dos estados de Nasarawa, Níxer e Kogi. A diferenza do resto das subdivisións de Nixeria, non ten un goberno proveniente de eleccións, senón que a súa administración recae sobre alguén nomeado polo presidente de Nixeria.
Cunha área de 7.315 km², atópase ao norte da confluencia dos ríos Benue e Níxer, e limita co estado de Níxer polo oeste e norte, co estado de Kaduna polo nordeste, co estado de Nasarawa polo leste e sur, e co estado de Kogi polo suroeste.
Concellos
Abuja Abaji Bwari Gwagwalada Kuje Kwali
Notas
Véxase tamén
Ligazón externa fct.gov.ng Páxina da Administración do Territorio da Capital Federal
Categoría:Estados de Nixeria