A N-acetilgalactosamina (GalNAc), é un aminoazucre acetilado derivado da galactosa. Presenta un grupo amino unido ao carbono 2 da galactosa, que substitúe ao grupo OH que estaba situado alí ; o grupo amino está acetilado cun grupo -CO-CH3PubChem compound AcetylgalactosamineChemSpider N-aceyl-alpha-D-galactosamine.
Funcións A N-acetilgalactosamina forma parte de glicosaminoglicanos, como o dermatán sulfato, condroitín sulfato, e certo tipo de queratán sulfatos. Tamén forma parte de glicoesfingolípidos como os e globósidos e gangliósidos.
Nos humanos é o carbohidrato terminal que forma o antíxeno A do grupo sanguíneo AB0.
É caracteristicamente o primeiro monosacárido que conecta a serina ou a treonina en determinadas formas de O-glicosilación de proteínas.
A N-acetilgalactosamina é necesaria para a comunicación intercelular, e concéntrase en estruturas nerviosas sensoriais humanas e animais.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Galactosamina N-acetilglicosamina Globósido
Categoría:Monosacáridos Categoría:Carbohidratos Categoría:Aminoazucres