Marco Antistio Labeón, nado no -43 e finado no 10 ou 11, foi un xurista romano contemporáneo de Augusto, discípulo de Gaio Trebacio Testa e fundador da escola proculeiana, antes que o seu rival Capitón, quen o considera legum atque morum populi romani iurisque civiles adprime doctior.
Traxectoria Labeón é, en efecto, o xurista máis insigne dos primeiros anos do Principado; con el iníciase a etapa clásica central, ou de apoxeo, do Dereito romano. O seu pai (Pacuvio Labeón), xurista tamén, fora un fervoroso republicano, amigo de Bruto, e un dos primeiros en se conxurar contra Xulio César, morrendo pola súa propia man trala derrota de Filipos. Labeón permaneceu fiel ao ideal republicano herdado do seu pai; por esta razón, apenas ascendeu no cursus honorum: o ano 18 formou parte da comisión encargada por Augusto de facer unha nova lista de senadores (lectio senatus); obtivo a pretura, pero rexeitou o consulado que lle ofreceu Augusto, dedicándose de maneira total á súa vocación de xurista.
Escritor fecundo e orixinal, versado en gramática, literatura, filosofía e dialéctica, Labeón deixou unha obra inmensa, en máis de 400 libros, dos que se conservan referencias a través doutros xuristas (Ulpiano, Paulo, Xuliano), que citaban as súas opinións, o que permite apreciar a autoridade e o influxo das súas obras na xurisprudencia posterior.
Obras Libri de iure pontificio. Responsa. Epistulae. Pithana.
Véxase tamén Bibliografía A. FERNÁNDEZ BARREIRO. Marco Antistio Labeón A. PERNICE, Labeo, I, Halle 1873, 7 ss. P. DE FRANCISCI, Storia del Diritto romano, Milán 1944, 417 ss. W. KUNKEL, Herkunft und soziale Stellung der römischen Juristen, Weimar 1952, 32 ss. L. WENGER, Die Quellen des römischen Rechts, Viena 1953, 496 ss. A. GUARINO, Labeone giurista meridionale, «Labeo» I, Nápoles 1955, 49 ss. V. ARANGIO-RUIZ, Storia del Diritto romano, Nápoles 1957, 278 ss. ; 293.
Categoría:Xuristas da Roma Antiga Categoría:Nados en -43