Francisco Javier Lema Fuentes, coñecido como Chisco, nado en Corcubión en 1964, é un veterinario e político galego.

Traxectoria Fillo de Carlos Lema Bermúdez, funcionario do concello de Corcubión. Veterinario de profesión e funcionario, foi xefe comarcal do Servizo de Sanidade Animal da Xunta de Galicia na área de Carballo.La Voz de Galicia, Carballo, 5-1-2001, p. 4. Nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura da AVIC (Agrupación Veciñal Independente de Corcubión) á alcaldía de Corcubión, que foi a candidatura máis votada, e foi elixido alcalde grazas a un pacto co PSdeG-PSOE.La Voz de Galicia, Carballo, 19-6-2003, p. 7. Nas municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG e foi a candidatura máis votada, porén non mantivo a alcaldía, dado a que o BNG se uniu co PPdeG. O 16 de abril de 2008 foi elixido alcalde como candidato da lista máis votada logo da renuncia de Rafael Mouzo e da ruptura do pacto de goberno entre BNG e PPdeG. Nas municipais de 2011 volveu encabeza-la candidatura do PSdeG e foi reelixido alcalde. Non se presentou á reelección en 2015 e foi subsituído polo tamén socialista Manuel Ínsua Ínsua.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Corcubión

Categoría:Alcaldes de Corcubión Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Corcubión Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes