Manuel Rodríguez Vázquez, nado en 1960, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Empresario. Nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Coles e foi elixido concelleiro. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou novamente a candidatura socialista e foi elixido alcalde de Coles grazas a un pacto co BNG. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde, agora con maioría absoluta. Revalidaría novamente a alcaldía con maioría absoluta nas municipais de 2015, 2019 e 2023.
O 14 de marzo de 2026 presentou a renuncia ao cargo para se xubilar, sendo substituído por Susana Rodríguez Rodríguez.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Coles
Ligazóns externas Nóvoa, Natalia (2/10/2011). "En marzo intentaremos sacar a la luz el Plan General de Urbanismo" en Faro de Vigo .
Categoría:Alcaldes de Coles Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1960