Manuel Mon Rouco é un empresario e político galego do PPdeG.
Traxectoria É o responsable do grupo empresarial da construción Mon. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura da UCD á alcaldía de Cervo e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Non concorreu á reelección en 1983 e pasou a centrarse na súa empresa.
Nas eleccións municipais de 1995 volveu á política encabezando a candidatura do PPdeG á alcaldía de Burela e foi elixido alcalde con maioría absoluta, o primeiro electo desta localidade trala súa segregación de Cervo. Volveu ser elixido por maioría absoluta nas municipais de 1999 e 2003. O 8 de marzo de 2005 presentou a súa dimisión.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cervo Eleccións municipais en Burela
Ligazóns externas Construcciones Mon SL
Categoría:Alcaldes de Cervo Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Burela Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en ano descoñecido