Un home do pobo é unha novela satírica en lingua inglesa do autor nixeriano Chinua Achebe, publicada en 1966 co título orixinal de A Man of the People. Foi traducida ao galego por Begoña R. Outeiro, e publicada en 2012 pola Editorial Hugin e Munin.
Trama
Odili é un docente mozo e ben preparado, que ten un conflito co xefe Nanga, antigo profesor seu que no momento da narración está metido en política. Odili representa o cambio das xeracións máis novas, mentres que Nanga os costumes e tradicións de Nixeria.
Narración A obra, cuarta novela do autor, está narrada en primeira persoa, con Odili como protagonista.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sinopse e ficha Sinopse e ficha na web da editorial .
Categoría:Novelas en inglés Categoría:Obras literarias de 1966 Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego Categoría:Novelas ambientadas en África