Joaquín Campoamor Rodríguez, nado en Navia (Principado de Asturias) o 7 de xaneiro de 1928 e finado en Ferrol o 30 de xaneiro de 2019, foi un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Enxeñeiro de profesión, foi escollido polo PSOE para figurar na segunda posición das súas listas ao Senado pola provincia da Coruña en 1982. Nesas eleccións lexislativas resultou escollido senador e permaneceu na Cámara Alta ata 1986Ficha do político na páxina web do Senado de España..

Vida persoal Casado, tivo cinco fillos. Un deles, Joaquín Campoamor Brea, foi xefe de prensa en Ferrol durante o goberno do popular Juan Blanco.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición

Categoría:Senadores pola Coruña Categoría:Políticos do PSdeG-PSOE Categoría:Nados en Navia Categoría:Nados en 1928 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2019