Alvin Gentry, nado o 5 de novembro de 1954 en Shelby, Carolina do Norte, é un adestrador americano de baloncesto profesional. Actualmente é o adestrador principal dos New Orleans Pelicans.
Anteriormente foi adestrador dos Miami Heat, a finais da tempada 1994-95, e máis tarde dos Detroit Pistons, Los Angeles Clippers e Phoenix Suns. O 18 de xaneiro de 2013, Gentry foi despedido coma adestrador dos Phoenix Suns, equipo ó que chegou na metade da tempada 2008-09. Con Gentry, os Suns conseguiron chegar ás finais de conferencia en 2010, e conseguiu un récord de 158-144 coma adestrador en Phoenix.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com BasketballReference.com: Alvin Gentry
Categoría:Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Adestradores da NBA Categoría:Adestradores asistentes dos Miami Heat Categoría:Adestradores dos Miami Heat Categoría:Adestradores dos Detroit Pistons Categoría:Adestradores dos Los Angeles Clippers Categoría:Adestradores dos Phoenix Suns Categoría:Adestradores dos New Orleans Pelicans Categoría:Nados no condado de Cleveland, Carolina do Norte Categoría:Nados en 1954