Anna (acrónimo de "Army, Navy , NASA, Air Force") foi un satélite artificial dos Estados Unidos lanzado o 31 de outubro de 1962 desde Cabo Cañaveral mediante un foguete Thor Ablestar.
Características Anna, oficialmente denominado Anna 1B, tivo un predecesor lanzado o 10 de maio de 1962 que fallou en alcanzar órbita.
A misión de Anna consistiu en servir de referencia para facer estudos xeodésicos de precisión, permitindo medir a forza e dirección do campo gravitatorio da Terra, localizar o centro de masas terrestre e establecendo posicións sobre a superficie.
Anna tiña forma de esfera de 0,91 metros de diámetro e tiña un peso de 161 kg. Obtiña a súa enerxía dunha banda de células solares situadas no ecuador do satélite que alimentaban baterías de níquel-cadmio. A antena de comunicacións envolvía en espiral a superficie do satélite.
A instrumentación da nave incluía sistemas ópticos e de localización por radio e Doppler. O sistema óptico consistía nunha baliza de alta intensidade activada por comandos preprogramados para disparar series de cinco flashes cun intervalo de 5,6 segundos entre eles cuxo fin era obter unha localización óptica desde terra mediante a obtención de fotografías do satélite. O sistema Doppler tamén podía ser programado desde terra. En conxunto, o sistema óptico e Doppler podían proporcionar localizacións cunha precisión de 20 metros ou menos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas NASA/MOTS OPTICAL OBSERVATIONS OF THE ANNA IB SATELLITE
Categoría:Satélites artificiais dos Estados Unidos de América