Freaky Friday é un filme estadounidense dirixido por Mark Waters e protagonizado por Jamie Lee Curtis e Lindsay Lohan, que se estreou no 2003. Remake do filme homónimo protagonizado en 1976 por Barbara Harris e Jodie Foster.
Sinopse A doutora Tess Coleman (Jamie Lee Curtis) e Anna, a súa filla de quince anos, (Lindsay Lohan) non coinciden en case nada. Os seus gustos difiren na roupa, no cabelo, na música e, sobre todo, en canto ós homes. Un día as súas diferenzas acadan o seu maior nivel: Anna non entende por que a súa nai non apoia as súas aspiracións musicais, mentres que Tess, unha viúva a punto de casar de novo, pregúntase por que a súa filla non é máis amábel co seu prometido (Mark Harmon). Pero, inesperadamente, dúas galletiñas chinesas da Fortuna provocan un gran cambio nas súas vidas. Á mañá seguinte, Tess e Anna atópanse cos seus corpos intercambiados. Pouco a pouco, comezan a comprender o punto de vista da outra, pero tamén teñen que atopar o xeito máis rápido de volver ó seu propio ser porque a voda de Tess celébrase ese mesmo sábado.
Personaxes Jamie Lee Curtis como Tess Coleman/Anna Coleman Lindsay Lohan como Anna Coleman/Tess Coleman Mark Harmon como Ryan Harold Gould como Avó Chad Michael Murray como Jake Stephen Tobolowsky como Mr. Bates Christina Vidal como Maddie Ryan Malgarini como Harry Coleman Haley Hudson como Peg Rosalind Chao como Pei-Pei Lucille Soong como Nai de Pei-Pei Willie Garson como Evan Dina Waters como Dottie Robertson Julie Gonzalo como Stacey Hinkhouse Cayden Boyd como Amigo de Harry Dina Lohan como Muller bailando na voda
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Mark Waters Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes de comedia adolescente dos Estados Unidos de América