O Aeroporto de Almería é un aeroporto xestionado por Aena, situado ao leste da cidade de Almería (España), a uns 9 quilómetros do centro. O aeroporto atópase próximo tamén aos principais núcleos turísticos da provincia como son o Parque Natural do Cabo de Gata-Níjar, El Ejido, Mojácar, Almerimar, Roquetas de Mar ou Vera.

En 2009 viaxaron polo aeroporto 791 830 pasaxeiros, cun descenso do 22,7% con respecto ás cifras de 2008; e houbo un total de 15 391 operacións de aeronaves, un 15,8% menos que o ano anterior. Tamén pasaron polo aeroporto de Almería un total de 16 328 toneladas de carga, ua perda do 23,8% con respecto a 2008.AENA. Estatísticas . Revisado decembro de 2009

O Aeroporto Internacional de Almería é o cuarto en importancia de Andalucía. Ten voos nacionais e internacionais, con destinos como Madrid, Barcelona, Melilla, Londres, Bruxelas e cidades alemás, británicas e do ámbito da Unión Europea.

Aeroliñas e destinos

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web en aena-aeropuertos.es

Almería Categoría:Almería