Xosé Luís García García, nado nos Ánxeles (Brión) o 26 de setembro de 1953, é un político galego.

Traxectoria Fillo de emigrantes, pasou parte da súa infancia na emigración. É funcionario do Servizo Galego de Saúde en excedencia. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a "Candidatura Galega Independente" á alcaldía de Brión e foi elixido alcalde con maioría simple. Nas seguintes eleccións foi reelixido con amplas maiorías absolutas, manténdose na mesma candidatura ata a súa integración no PSdeG-PSOE en maio do 2006. Foi fundador e presidente da Federación Galega de Concellos Rurais, a cal se integrou na FEGAMP no 1996.

Nas municipais de 2007 encabezou a candidatura socialista e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2011 e 2015 volveu revalidala maioría absoluta. Foi elixido deputado provincial en 2007 e 2015. Nas eleccións municipais de 2019 volveu ser escollido alcalde con maioría absoluta.Concello de Brión na FEGAMP En setembro de 2020 anunciou a súa renuncia á alcaldía e o abandono da vida política por razóns familiares, e foi substituído polo seu número 2 Pablo Lago Sanmartín.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Brión

Ligazóns externas Ficha en galegos.info Entrevista en El Correo Gallego

Categoría:Alcaldes de Brión Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia

Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en Brión

Categoría:Nados en 1953 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes