miniatura|dereita|Casa do concello de Santiago de Compostela Corporacións democráticas en Santiago de Compostela desde a aprobación da Constitución de 1978.
1979 Alcalde: José Antonio Souto Paz — UCD. Renuncia, sendo substituído por Marcial Castro Guerra (UCD) o 7 de setembro de 1981.
1983 Alcalde: Xerardo Estévez — PSdeG-PSOE. Tras unha moción de censura o 5 de maio de 1986 toma posesión como alcalde Ernesto Viéitez Cortizo, de AP.
1987 Alcalde: Xerardo Estévez — PSdeG-PSOE
1991 Alcalde: Xerardo Estévez — PSdeG-PSOE
1995 Alcalde: Xerardo Estévez — PSdeG-PSOE. Renuncia, sendo substituído por Xosé Antonio Sánchez Bugallo (PSdeG-PSOE) o 19 de decembro de 1998.
miniatura|dereita|Xosé Antonio Sánchez Bugallo
1999 Alcalde: Xosé Antonio Sánchez Bugallo — PSdeG-PSOE
2003 Alcalde: Xosé Antonio Sánchez Bugallo — PSdeG-PSOE
2007 Alcalde: Xosé Antonio Sánchez Bugallo — PSdeG-PSOE
miniatura|Gerardo Conde Roa
2011
Alcalde: Gerardo Conde Roa — PPdeG. Dimite en abril de 2012 trala súa imputación por fraude fiscal, sendo substituído polo seu compañeiro de partido Ángel Currás Fernández. O 9 de xuño de 2014, dimite Currás trala inhabilitación de sete dos seus concelleiros condenados por prevaricación, xunto coa súa imputación e a doutros dous concelleiros na Operación Pokemon. O seu substituto foi o exconselleiro Agustín Hernández, que fora na lista do PP ao concello no último posto.
miniatura|dereita|Martiño Noriega
2015 Alcalde: Martiño Noriega — Compostela Aberta Candidatos: Martiño Noriega Sánchez (Compostela Aberta), Agustín Hernández Fernández de Rojas (PP), Francisco Reyes Santiás (PSdeG-PSOE), Rubén Cela Díaz (BNG), Javier Sánchez-Agustino Mariño (C's), Xosé Antón López Fernández (CxG-CCTT), Cristina Bandín Potel (SAIn) e Antonio Asorey Cacheda (Converxencia 21).Xunta Electoral de Zona de Santiago de Compostela. Candidaturas presentadas para as eleccións municipais do ano 2015 Boletín Oficial da provincia da Coruña, 22/04/2015 , pp. 33-38
2019 Alcalde: Xosé Antonio Sánchez Bugallo — PSdeG-PSOE Candidatos: PP: Agustín Hernández • Compostela Aberta: Martiño Noriega • PSdeG: Xosé Antonio Sánchez Bugallo • CxG: Xoán Bascuas • BNG: Goretti Sanmartín
miniatura|dereita|Goretti Sanmartín
2023 Alcaldesa: Goretti Sanmartín Rei — BNG Candidaturas: José Antonio Sánchez Bugallo (PSdeG-PSOE) • Goretti Sanmartín Rei (BNG) • Borja Verea Fraiz (PP) • Ángel Jimenez Lavilla (POR E PARA SANTIAGO) • María Rozas Pérez (CA) • Luís Emilio Batallán González (CxG) • Fernando Mayo Ferreiro (VOX) • Beatriz Cristina Estévez Fontenla (GLG).Junta Electoral de Zona de Santiago de Compostela. Eleccións locais 2023. Publicación de candidaturas proclamadas Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº82, do 2 de Maio de 2023
Notas
Véxase tamén Outros artigos Galería de imaxes de Santiago de Compostela Lugares de Santiago de Compostela
Categoría:Eleccións municipais en Galicia Eleccións municipais en Santiago de Compostela