María de las Mercedes Gallego Esperanza, nada en Ourense o 1 de xaneiro de 1952, é unha historiadora da arte e política galega.

Traxectoria Licenciouse e posteriormente doutorouse en Historia da Arte pola Universidade Complutense de Madrid. Posteriormente aprobou unhas oposicións para dar clase no ensino secundario como catedrática de Xeografía e Historia no IES O Couto da cidade de Ourense, do que foi directora entre 1999 e 2004. Nese ano presentouse ás eleccións de 2004 encabezando a candidatura ourensá do PP ao Senado, pola que resultou elixida. Permaneceu na Cámara Alta durante os catro anos da lexislatura, tempo tras o que se reincorporou ao ensino. No ano 2012 ocupou a xefatura Territorial de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense.

Foi presidenta do Grupo de Arte Francisco de Moure (Ourense) entre 1993 - 2005.

Obra

Tamén escribiu os textos dos catálogos de diversas exposicións, como as dos artistas Xavier Cuíñas ou Carmucha Vázquez Prats, ademais de numerosos artigos de arte en xornais e revistas especializadas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición

Categoría:Senadores por Ourense Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Historiadores da arte de Galicia Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1952 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Senadores de España polo PP Categoría:Senadores de Galicia