A quen ama Gilbert Grape? (en ) é un filme estadounidense dirixido por Lasse Hallström que se estreou en 1993.

Estreouse en galego o 3 de maio de 2026 a través da TVG.

Sinopse Nunha pequena vila do Medio Oeste americano, un mozo empregado dunha tenda de ultramarinos vive atafegado polas súas responsabilidades familiares: ten que coidar dunha nai obesa e dun irmán atrasado. Ademais, ten unha aventura cunha muller casada, pero a súa vida emocional e persoal cambiará por completo grazas a unha rapaza divertida e de espírito libre.

Personaxes Johnny Depp como Gilbert Grape Juliette Lewis como Becky Leonardo DiCaprio como Arnie Grape Mary Steenburgen como Betty Carver Darlene Cates como Bonnie Grape Laura Harrington como Amy Grape Mary Kate Schellhardt como Ellen Grape Kevin Tighe como Ken Carver John C. Reilly como Tucker Van Dyke Crispin Glover como Bobby McBurney Penelope Branning como Avoa de Becky

Galardóns e nomeamentos 1993: Nomeado ó Oscar: Mellor actor secundario (Leonardo DiCaprio). 1993: Nomeado ó Globo de Ouro: Mellor actor secundario (Leonardo DiCaprio). 1993: National Board of Review: Mellor actor secundario (Leonardo DiCaprio).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmffinity

Categoría:Filmes de 1993 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Lasse Hallström Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes rodados en Texas Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais Categoría:Filmes de 1993 con versión en galego