miniatura|Maio ilustrado no libro de horas Les Très Riches Heures du Duc de Berry, manuscrito do s. XV. Maio é o quinto mes do ano no calendario gregoriano e ten 31 días. O seu nome atribúese á deusa romana Maia ou á deusa romana Bona Dea, cuxo festival se celebraba neste mes.

Acontecementos en maio 1 de maio: Día Internacional dos Traballadores, festivo na maior parte dos países do mundo. 2 de maio: sublevamento do 2 de Maio, en Madrid. Nos primeiros días de maio (o 1 ou o 3), celébranse as festas dos maios. 17 de maio: Día das Letras Galegas, conmemorando a data de 1863 no que fora a primeira edición do libro Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. O primeiro martes de maio celébrase o Día Mundial da Asma. Para o ano 2008 elixiuse o lema "Ti podes controlar a túa asma", co obxectivo de estimular os pacientes a tomar parte activa no control da súa enfermidade."Día Mundial del Asma: consejos farmacéuticos", en Faro de Vigo 9.05.2008, O primeiro mércores de maio celébrase o Día Mundial da Saúde Mental Materna. O segundo sábado do mes de maio celébrase o Día Mundial do Comercio Xusto. O segundo sábado ou o segundo domingo de maio celébrase o Día Mundial das Aves Migratorias. Trátase dunha celebración dobre, xa que tamén se celebran actos o segundo sábado ou domingo de outubro

Maio na cultura popular

Ata o corenta de maio non sáque-lo saio. Auga en maio, pan todo o ano. Día tras día, maio chega. En maio, de meu me caio, xa coa maiola, xa co traballo. En maio, inda a vella queima o tallo. Maio fai o trigo, e agosto o viño. Maio longo, San Xoán redondo. Maio me molla, maio me enxuga, maio me bota na sepultura. Maio pardo, San Xoán claro. O percebe e o salmón, en maio están en sazón. O que en maio se molla, en maio se enxuga. O touro, o galo, a troita e o barbo, no mes de maio. Tras de maio vén San Xoán''.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Maio do 68

Categoría:Meses