O músculo adutor do polgar é un músculo do membro superior humano, pertencente á man. É un músculo de tamaño grande, triangular, que cruza a palma da man, situado por diante dos músculos interóseos dorsais da man e dos palmares. Na súa orixe, posúe dúas porcións: Unha transversa, que se insire na zona anterior do corpo do terceiro metacarpiano. Unha oblicua, procedente do óso grande e das bases do segundo e terceiro metacarpiano.
As dúas porcións converxen ata fusionarse e constituír un tendón, que adoita ter no interior un óso sesamoide. Insírese na superficie medial da base da falanxe proximal do polgar e na vaíña extensora.
A arteria radial discorre entre as dúas porcións no seu traxecto cara ao plano fondo da man e formar o arco palmar fondo.
Funcións Aduce e opón o polgar.
Innervación É innervado pola póla fonda do nervio cubital
Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomía para estudiantes. (en castelán)
Categoría:Musculatura do membro superior