Jon Aurtenetxe Borde, nado en Amorebieta (Biscaia), o 3 de xaneiro de 1992, é un futbolista español. Xoga de defensa e o seu actual equipo é o CD Tenerife, cedido polo Athletic Club.

Traxectoria Aos 17 anos debutou co primeiro equipo o 17 de decembro de 2009 na Europa League contra o Werder Bremen en San Mamés, cando aínda pertencía ao xuvenil. Esa mesma tempada, proclamouse campión da Copa do Rei xuvenil ao vencer ao Real Madrid por 2-0, o 26 de xuño de 2010. Tras facer a pretemporada 2010/11 co primeiro equipo, o adestrador, Caparrós, decidiu contar con el e así, o 29 de agosto de 2010, debutou en liga co primeiro equipo fronte ao Hércules. A partir de entón fíxose coa titularidade do lateral esquerdo, a pesar de que a súa posición natural era a de central, e continuou xogando no primeiro equipo desbancando aos seus tres competidores no posto; Xabi Castillo, Mikel Balenziaga e Koikili. A pesar de ter ficha do Bilbao Athletic, Aurtenetxe non debutou con devandito equipo, habendo saltado directamente do xuvenil ao primeiro equipo.

A súa progresión viuse freada de golpe en decembro de 2010, cando sufriu unha grave lesión que lle fixo perderse o resto da tempada. Unha grave luxación no ombreiro foi a causante, da cal foi operado o 28 de decembro de 2010. Ao final da tempada 2010/11, xogou algúns partidos co Bilbao Athletic para recuperar o estado de forma tras a súa lesión.

En xullo de 2011 o Athletic decidiu darlle ficha do primeiro equipo. No verán de 2013 foi cedido ao Celta de Vigo.

Selección nacional Xogou coa selección española Sub-17 quedando terceiro no mundial de Nixeria 2009 da categoría e en agosto de 2010 subíronlle á sub-19.Caparrós está molesto pola chamada de Aurtenetxe á sub'19

Estatísticas Revisado: 17 de agosto de 2011.

ClubCategoríaTempadaLigaCopaUEFATotalPart.GolesPart.GolesPart.GolesPart.GolesCategoría xuvenil Athletic Club Juvenil ADivisión de Honra Xuvenil2008/0927470--3442009/1013270--202 Total club 40 6 14 0 - - 54 6Carreira profesional Athletic ClubPrimeira División2009/10----10102010/1110020--120 Total club 10 0 2 0 1 0 13 0

Palmarés Torneos nacionais Copa do Rei Xuvenil (1): 2010 Subcampión da Copa do Rei Xuvenil (1): 2009

Selección Eurocopa Sub-19 (1): 2011

Distincións individuais Trofeo Amets bat: 2011

Recoñecementos Seleccionado no 11 de prata do Fútbol Draft 2011.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Jon Aurtenetxe no sitio web do Athletic

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Amorebieta-Etxano Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Bilbao Athletic Categoría:Xogadores do Athletic Club de Bilbao Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol do País Vasco