Manuel Rodríguez Doval, nado en 1958, é un músico e político galego do BNG.
Traxectoria Técnico especialista delineante. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura do BNG á alcaldía de Ares. Nas municipais de 1987 volveu encabezar a candidatura do BNG e resultou elixido alcalde nunha votación secreta na que obtivo 6 votos (3 do BNG e outros 3 de Alianza Popular). Os populares votaron a Doval para impedir que volvera gobernar Rosa Miguélez do PSdeG-PSOE, que era a candidatura máis votada. Gobernou en minoría entre 1987 e 1991. Foi tenente de alcalde no goberno de coalición co PSdeG (1995-1999). Foi tamén Deputado Provincial e portavoz do BNG na deputación entre 1987 e 2003, así como responsable da área municipal do BNG.
En 2010 anunciou que non volvería presentarse como candidato e foi substituído por Emilio Mesías.
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ares
Ligazóns externas Noticia en La Voz de Galicia Noticia en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Ares Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en 1958